venres, 26 de setembro de 2014

ESTILOS EDUCATIVOS. Charla a cargo de Paula Riobó

ESTILOS EDUCATIVOS





O luns 29 de setembro ás 19:30 h., na biblioteca pública de Pontevedra.

Charla orientativa sobre os diferentes tipos de educación familiar, características e consecuencias.

Programación

·Educación un xogo de estratexias.

·Estilos educativos.

·Estratexias positivas e negativas.

·Estudo.

·Uso de  Internet e móviles.

·Adolescencia.

Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 19:30

Entrada libre ata completar aforo.

martes, 23 de setembro de 2014

3 e 4 de outubro, venres e sábado: Obradoiro “Ximkana fotofráfica literaria”


3 e 4 de outubro, venres e sábado: Obradoiro “Ximkana fotofráfica literaria”, a cargo de Tremendusska (Beatriz López Miragaya) na Biblioteca Pública de Pontevedra.


Sinopse: Dar a coñecer aos participantes o entorno e a relación dalgúns escritores coa cidade de Pontevedra empregando a fotografía.

Sesión do venres 3 outubro:
-Fotografiar unha serie de recursos espallados pola cidade de Pontevedra, para o que formaremos dous equipos e proporcionaremos un mapa e unha serie de pistas. Os participantes terán que facer probas ou cumprir certos requisito que non desvelaremos ata o día da proba.
-É indispensable que cada neno veña acompañado dun adulto, posto que sairemos á rúa para realizar as fotografías.

Sesión do sábado 4 outubro:
-O sábado no obradoiro escolleremos cos rapaces as mellores fotos e elaboraremos un álbum colaborativo co mapa e as fotos.
-Este día os rapaces xa traballarán con nós na biblioteca, non é preciso o acompañamento dos adultos.

Requisitos tecnolóxicos:

-Deben utilizarse cámaras dixitais, servirán as cámaras dos teléfonos, non é posible participar con cámaras analóxicas. Hai que ter en conta que non é un concurso fotográfico, polo que non é preciso dispor de cámaras de alta definición. O requisito de formato dixital tan so se pon para facilitar a descarga dos arquivos.
-No momento da inscripción os participantes deberán indicar si levarán cámara propia ou si precisan que a organización lles preste unha.

Público destinatario: Nen@s de 6 a 11 anos

Lugar: Sala de obradoiros e rúas de Pontevedra

Hora: De 17:00 a 18:30 (venres) e de 12 a 13.30 (sábado)

Con inscrición previa, a partir do 23 de setembro, martes ata ocupar as prazas (14) na entrada da Biblioteca (Información), en horario de 9 a 21h., por teléfono no 986 850 838 ou por correo electrónico na seguinte dirección: biblio.publica.pontevedra@xunta.es

Entrada de balde

luns, 15 de setembro de 2014

*Aprende a desconectar: obradoiro de relaxación mental

*Aprende a desconectar: obradoiro de relaxación mental.  Os  días 22 e 30 de setembro de 18:30 a 20:30.  Técnicas de relajación para controlar  y aliviar la ansiedad rutinaria. A cargo de Paula Riobó (Voluntariado cultural)
·         Respiración: Mecanismo
·         Concentración: Mecanismo e Exercicios
·         Relaxación: Técnica do Arco da vella / Técnica de Jacobson: técnica fisiolóxica para a ansiedade.
·         Meditación: Exercicio
·         Consellos e Beneficios da Relaxación (Expoñer ou aconsellar algún libro da biblioteca para fomentar a lectura)

*Técnicas de estudio: a partir de 16 anos. Actividades para entrenar las técnicas de estudio.

*Técnicas de estudio: a partir de 16 anos. Actividades para entrenar las técnicas de estudio. 18 de setembro. de 18:00 a 20:00. A cargo de Paula Riobó (Voluntariado cultural)


Lugar: Sala de obradoiros
Nº participantes: 20
con inscripción previa

. Condicións para facilitar o estudo:
. Planificación do Estudo.
. Apuntamentos.
. Lectura.
. Prelectura.
. Subliñado.
. Resumo.
. Esquemas.
. Fichas.
. Comprensión de textos.
. Motivación.
. Atención.
. Memoria.
. Tipos de exames.
. Ansiedade ante un exame.


*Técnicas de estudio: de 13 a 15 anos. Actividades para entrenar las técnicas de estudio.

*Técnicas de estudio: de 13 a 15 anos.  Actividades para entrenar las técnicas de estudio. Mécores 17 de setembro. De 18:30 a 20:30. A cargo de Paula Riobó (Voluntariado cultural)



Lugar: Sala de obradoiros
Nº participantes: 20
con inscripción previa

Condicións para facilitar o estudo:
. Planificación do Estudo.
. Apuntamentos.
. Lectura.
. Prelectura.
. Subliñado.
. Resumo.
. Esquemas.
. Fichas.
. Comprensión de textos.
. Motivación.
. Atención.
. Memoria.
. Tipos de exames.
. Ansiedade ante un examen

Técnicas de estudio: de 8 a 12 anos. Actividades para entrenar las técnicas de estudio.

*Técnicas de estudio: de 8 a 12 anos.  Actividades para entrenar las técnicas de estudio. Mércores 17 de setembro de 16: a 18:00. A cargo de Paula Riobó (Voluntariado cultural)



Lugar: Sala de obradoiros
Nº participantes: 20
con inscripción previa

Condicións para facilitar o estudo:
. Planificación do Estudo.
. Apuntamentos.
. Lectura.
. Prelectura.
. Subliñado.
. Resumo.
. Esquemas.
. Fichas.
. Comprensión de textos.
. Motivación.
. Atención.
. Memoria.
. Tipos de exames.
. Ansiedade ante un exame.


venres, 12 de setembro de 2014

"Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros"




Se queres familiarizarte coa lingua e a cultura española dun xeito ameno e divertida, podes participar nas nosas "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros" enfocadas cara á comunicación cotiá para desenvolverse na vida diaria e coordinadas pola nosa voluntaria Beatriz Araujo.

Todos os venres dende outubro 2014-maio 2015, de 19:45 a 20:45
h.

Con inscripción previa, a partir do 15 setembro en Información na hall de entrada da Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou  no  teléfono 986 85 08 38.

Curso de Filosofía: Aproximación á Filosofía a cargo do profesorProfesor: Domingos Antom García Fernandes

Curso de Filosofía: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes

Actividade convocada pola  Bibliteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra
Horario: 19’00 – 20'45 (en xoves alternos dende o 9 de outubro ata o 25 de xuño. Grupo 1 comeza o xoves 9 de outubro, Grupo 2 comeza o xoves 16 de outubro) 
30  prazas con inscripción previa dende o  luns 15 de setembro, Na Biblioteca  de 9:00 a 21: 00 h. Por teléfono de 9:00 a 14:00 h. o por correo electrónico no seguinte enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.espoñendo no asunto o nome da actividade ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos:  Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.  

Alguns dos temas a tratar entre otros moitos dun largo programa impartido en 18 sesións por o profesor  Domingos Antom García Fernandes serán “A caverna de Platon e a nosa caverna. Que é Filosofia?”, “Materialismo e Idealismo”, “Análise do Capitalismo”, “As Clases Sociais”, “O Común”, “Sobre a Religión: Deísmo, Teísmo, Ateísmo, Panteísmo, Agnosticismo”, etc.

Programa Completo: 

ANO 2014
9 e 16 de Outubro: A caverna de Platón e a nosa caverna. Que é Filosofía?
23 e 30 de Outubro: O respecto á argumentación. As falacias máis frecuentes
6 e 13 de Novembro: Materialismo e Idealismo
20 e 27 de Novembro: Natureza e Cultura
4 e 11 de Decembro: Monismos e Dualismos diante do problema do Cerebro
18 e 12 de Decembro: Poñer en causa o humanismo

ANO 2015
8 e 15 de Xaneiro: Análise do Capitalismo. Karl Marx e O Capital
22 e 29 de Xaneiro: Análise do Capitalismo. Karl Polanyi e A Gran Transformación
5 e 12 de Febreiro: Análise do Capitalismo. John Maynard Keynes e A Teoría Xeral
19 e 26 de Febreiro: Análise do Capitalismo. De Mundialización e Globalización
5 e 12 de Marzo: As Clases Sociais. O Precariado
19 e 26 de Marzo: A Ideoloxía Dominante. Os Dereitos Humanos como Ideoloxía
16 e 23 de Abril: O Común. A Igualdade. A Esquerda
30 de Abril e 6 de Maio: Nacionalismo e Capitalismo. Existen nacionalismos de esquerdas?
7 e 20  de Maio: A produción do espazo. De cidades globais e cidades rebeldes
21 e 28 de Maio: Sobre a Relixión: Deísmo, Teísmo, Ateísmo, Panteísmo, Agnosticismo
4 e 11 de Xuño: Sobre a Relixión: Marx, Nietzsche, Freud
18 e 25 de Xuño: A Construción Cultural do Amor no Capitalismo Neoliberal

mércores, 10 de setembro de 2014

Clubs de Lectura outubro 2014-xuño 2015

Como todos os anos, a biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro e rematarán no mes de xuño do 2015:  



Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

- CLUB DE LECTURA EN GALEGO :  MARTES  alternos de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas)
- CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS:  LUNS  alternos de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas)
- CLUB DE LECTURA EN INGLÉS : MARTES  alternos  de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas)
- CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os mércores de  17:00 a 18:00 h. (20 prazas)

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:  Do 15 de setembro  ata cubrir as prazas. 
Na Biblioteca   de 9:00 a 21: 00 h.  
Por teléfono de 9:00 a 14:00 h. 
Por correo electrónico no seguinte enderezo:biblio.publica.pontevedra@xunta.espoñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos:  Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.  

Se non é usuario terá  que solicitar o carné.

mércores, 3 de setembro de 2014

I Concurso de Relato Breve 

Convoca: Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"



Bases da convocatoria

Tema:

O mundo do libro en todas as súas vertentes.

Obxectivo:

O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Participantes:

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.

Criterios de valoración:
  • ·     Orixinalidade no tratamento da temática proposta e no emprego de técnicas e figuras literarias.
  • ·     Uso correcto da gramática e da ortografía.
Condicións de presentación das obras:
  • Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)
  • A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5.
Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:
  • ·    Depositándoos no lugar habilitado no mostrador de préstamo do segundo andar da Biblioteca. O relato presentarase sen asinar e cun pseudónimo, introducirase nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).

  • ·    Enviándoos á Biblioteca por correo ordinario nun sobre sen remitente no que conste "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo". Nel incluirase o relato breve e outro sobre pechado cos datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).
Prazo:

O prazo de presentación vai dende o día 1 de setembro ata o 4 de outubro.

Premios:
  •  1º premio: lote de libros.
  •  2º premio: lote de libros.  
  •  3º premio: lote de libros.
Ademais os tres traballos serán difundidos na rede a través da biblioteca.

Xurado:
  • Presidenta: A Directora da biblioteca.
  • Vogais: un técnico da biblioteca e un profesional da literatura o do mundo libreiro.
  • Secretario: un usuari@ da biblioteca.
Resolución e entrega de premios:

A resolución do xurado farase pública o mércores 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...