xoves, 29 de setembro de 2016

Programa de Formación de Usuarios e Animación a Lectura para Centros Escolares 2016-2017

 "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares" 2016-2017  da Biblioteca Pública de Pontevedra




¿Que Centros escolares poden asistir? Centros de Infantil e Primaria de Pontevedra e a súa provincia.
¿Cando ten lugar? As sesións terán lugar os mércores dende novembro ata maio e a súa duración é aproximadamente de 60 minutos
¿Cantas sesións ofrecemos? Cada mércores ofertaranse dúas sesións  para nen@s de infantil e primaria.

            * A primeira delas de 10:00 a 11:00 horas 
            * A segunda delas de  11:15 a 12:15 horas

¿Cantas sesións pódense reservar? Cada centro escolar poderá reservar ata un máximo de 4 sesións
¿Cal é  o número recomendado de participantes por sesión?  30 alumnos.

Con inscripción previa, a partir do luns 3 de outubro

            *por teléfono 886 159 249 ou
            *na biblioteca de 9 a 14 h. 

mércores, 28 de setembro de 2016

Venres 30 de setembro. Performance Poética: Soufflé Eléctrico

"Performance Poética: Soufflé Eléctrico". Poesia, microteatro e música 

Textos de Tael Cae, David Otero e Alberto VidalMúsica de Alfredo Löb e David Otero

Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra
Hora:19:30 h



venres, 16 de setembro de 2016

"Sábados de conversa en español para extranxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra

Se queres familiarizarte coa lingua e a cultura española dun xeito ameno e divertida, podes participarnos nosos  "Sábados de conversación en español para extranjeros=Sábados de conversa en español para extranxeiros" enfocadas cara á comunicación cotiá para desenvolverse na vida diaria e coordinadas pola nosa voluntaria Beatriz Araujo.

Sábados alternos de  outubro 2016- maio 2017, de 12:00 a 13:00 h.





Con inscripción previa, a partir do 19 de setembro en Información na hall de entrada da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou  no  teléfono 886 159 250.

Confirmación da inscripción  tras   entrevista  dos asistentes preseleccionados coa cordinadora do obradoiro.

luns, 12 de setembro de 2016

Actividades Setembro 2016. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

01 de Stembro  - 08 de Outubro. II Certame de Relato Curto



A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o terceiro
certame de relato curto, co obxectivo de fomentar a creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir comocanle de difusión de novos valores.
As veces xogando todo parece máis sinxelo e divertido, para usar o penico Nano montará un circo

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.

01- 14 de Setembro. Exposición sobre a vida e a obra do autor homenaxeado coas Letras Galegas 2016

Mostra divulgativa que nos achega de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, o poeta chairego Manuel María.
Programada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Manuel María, a mostra percorrerá diferentes localidades de Galicia ao longo de 2016.







16 de Setembro, 18:00. Contos para bebés
Nano está medrando moi apresa, xa sabe facer moitas cousas el só, pero non quere deixar de usar o cueiro...
Con inscrición previa a partir do luns 5 de setembro, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 159 250 de 9:00 a 20:30h.
25 bebés, que poderán ir acompañados dun adulto por cada un.
Para bebés de 1 a 3 anos








23 de Setembro, 18:00. Sesión de narración oral
Sesión de contacontos a cargo de Bea Campos da compañia Migallas ás 18 h na sala de obradoiros



30 de Setembro, 18:00. Sesión de Contos + Debuxo



Sesión de contos máis obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento.

Na sala de obradoiros da biblioteca.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.



Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...