xoves, 19 de abril de 2018

4 en 42: O Cervantes tamén ten nome de muller

Especial 23 de abril. Día do Libro 2018

En 42 anos de Premio Cervantes só catro mulleres obtiveron o galardón: Dulce María Loynaz, Ana María Matute, maría Zambrano e Elena Poniatowska.

4 en 42 é unha selección de libros de adultos para levar en préstamo que estarán no segundo andar da Biblioteca desde o 17 ata o 30 de abril de 2018.

https://es.calameo.com/books/002648102b91888b7b11f






O mundo de Andersen

Exposición e centro de interese organizados con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra cada ano o 2 de abril, xusto o día no que en 1805 nacía en Odense o escritor Hans Christian Andersen.

Abril de 2018.












 

Programación especial Día do Libro. 23 de abril



  • 20 de abril, venres: Sesión de contos Ven a conto”, a cargo de Raquel Queizás

Especial Día do Libro, 23 de abril”

Sinopse: O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa almorza galletas sen présa, mentras lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o medidor de insulina para ir ao cole axiña . Pedro quedou  durmido co libro pegado ao couquizo…
Comeza o día en vila Conto. Os paxaros libro cantan: “Había unha vez”.
Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores…
Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques para nenos e nenas a partir de tres anos e familias.

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


  • Centro de interese “4 en 42: O Cervantes tamén ten nome de muller”
    Do 17 ao 30 de abril, na sala de préstamo

  • Centro de interese “Nun lugar da Mancha...O teu primeiro Quixote”
    Do 23 ao 30 de abril na sala infantil



  • Con cada préstamo un marcapáxinas de regalo

martes, 3 de abril de 2018

Actividades infantís de abril



  • 6 de abril, venres: Sesión de contos: A princesa e o chícharo e outros contos, a cargo de Bea Campos (Migallas) 



     
Especial Día do Libro Infantil, 2 de abril”

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


  • 13 de abril, venres: Sesión de contos Venres 13: Que medo!”, a cargo de Pavís Pavós


Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 20 de abril, venres: Sesión de contos Ven a conto”, a cargo de Raquel Queizás

     

Especial Día do Libro, 23 de abril”
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo

  • 27 de abril, venres: Sesión de contos: Xogos e contos: aprendendo inglés”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

     

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo




Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...