Publicacións

Mostrando publicacións desta data: December 12, 2013

Campaña "Libros solidarios. libros x sorrisos". CAMPAÑA SOLIDARIA DE REOLLIDA DE LIBROS

A Biblioteca Pública de Pontevedra inicia o luns 16 de decembro unha campaña solidaria de recollida de libros para conseguir o sorriso dun neno.

As persoas que desexen participar poden depositar os seus libros de lectura, para nenos de 0 a 14 anos, novos ou de segunda man en perfecto estado na sala infantil da biblioteca (1º andar).

Doar un libro é un pracer sobre todo se pode provocar o sorriso de dous neno, a do neno que o doa e a do neno que o recibe. O Nadal é tempo de compartir e se nos doas un libro farémosllo chegar a Caritas Interparroquial para facerllos chegar aos que máis o necesitan.

Nada nos gusta máis que facer sorrir a un neno ¡e así volverémolo facer!

Campaña “Libros solidarios. Libros por alimentos”. CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Como unha "Biblioteca quitapenas" máis na Biblioteca Pública dePontevedra, dende o próximo luns 16 de decembro de 2013 e ata o sábado 11 de xaneiro de 2014, "quitámosche as penas, e ti quítasllelas a outros". Farémolo coa posta en marcha da campaña "libros solidarios: Libros x alimentos" cambiando as sancións que contempla o noso regulamento, polos atrasos na devolución de libros e demais materiais, por produtos de primeira necesidade (alimentos non perecedoiros) que irándesinados ao Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra.
As sancións por atraso na devolución dos materiais levados en préstamo anularanse mediante a entrega polos usuarios de 1 quilo de alimentos non perecedoiros.
Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario, polo que invitamos a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da Biblioteca a sumarse a esta iniciativa, entregando tamén produtos de primeira necesidade xunto aos seus libors, DVs, Cds, …