Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January 11, 2014

11 de xaneiro, "Día dos usuarios das Bibliotecas"

Imaxe
Con motivo do Día do Usuario o sábado 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública de Pontevedra convida a todos os seus lectores a participar nas actividades conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia: • Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores que se acheguen á Biblioteca Pública de Pontevedra a celebrar esta conmemoración: - Adultos: ata 15 obras en total para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables. - Nenos: ata 15 obras en total para escoller entre10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables. Todos os usuarios poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario. • Nomeamento de tres superlectores adultos e tres superlectores infantís. Serán os nosos "Socios de honra" para o ano 2014. Estes usuarios foron os que máis documentos …