Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March 26, 2014

"Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz". Letras Galegas 2014. Exposición

Imaxe
Do 26 de marzo ao 14 de abril: "Xosé María Díaz Castro. Nimbos de Luz".Letras Galegas 2014.
Exposición Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con Galaxia/Merlín Comunicación, Nimbos de luz percorrerá Galicia ao longo de 2014 para dar a coñecer a vida e a obra de Díaz Castro.


A exposición está comisariada por Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo, estudosos da obra do autor lugués. Dun xeito divulgativo, para todos os públicos, preséntase o percorrido vital que o levou de Guitiriz a Mondoñedo, pasando por Vilagarcía de Arousa e 
Madrid.

-14 paneis temáticos
- Multimedia con auriculares, co documental "O instante eterno"
- Vitrinas con obxectos persoas e  mostras bibliográficas
- Folletos co resumo do contido da exposición

Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 horas, sábados de 10 a 14 h.

Faino ti! Charla/obradoiro

Imaxe
Día 28 de marzo, venres,  na sala de obradoiros da Biblitoca Pública de Pontevedraas 18:00 h,charla/obradoiro : "Aproximación divertida e didáctica ao noso patrimonio arqueolóxico a través da artesanía",  acargo María Martín (Lerole)

Entrada libre




Faino ti! Charla/obradoiro

Imaxe
- Xoves Día 27 de marzo, na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra as 18:00 h.charla/obradoiro : "Fofuchas ou como facer bonecas con goma eva", a cargo de Andrea Trepat



Faino ti! Charla obradoiro

Imaxe
Día 26 de marzo as 18:00 na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra,charla/obradoiro : "Como pintar a nosa casa, primeiros pasos", a cargo de Fernando Dobarro