Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 3, 2014
Imaxe
I Concurso de Relato Breve 

Convoca: Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"



Bases da convocatoria
Tema:
O mundo do libro en todas as súas vertentes.
Obxectivo:
O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.
Participantes:
Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.
Criterios de valoración: ·Orixinalidade no tratamento da temática proposta e no emprego de técnicas e figuras literarias.·Uso correcto da gramática e da ortografía. Condicións de presentación das obras: Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5. Os traballos poderán presentarse dun dos seguinte…