Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 5, 2015

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I, Prof. Domingos Amton García Fernandes

Imaxe
PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I
A filosofía é un saber de segundo grao, que se apoia en saberes de primeiro grao (de modo especial os científicos), dialéctico (traballa con contradicións e inconmensurabilidades), mundano, totalizador (globalizador, holístico, interdisciplinario e non parcelado, mais sen pretensión de ser omniabarcante), teórico e práctico,desenmascarador de ídolos, quebrantador de mitos e ideoloxías, non legalizador do caos. En poucas palabras: un saber integral e non contemporizador co establecido.

Entre os suxeitos a dilucidar: o tránsito das especulacións míticas ás explicacións racionais, lóxicas; os enganos, mentiras, ocultacións, simulacións, doxas, ideoloxías, na caverna de Platón e na nosa; as trampas na argumentación, as falacias máis frecuentes; o home: de animal a fabricación de deuses, ou mellor, dun Deus, o mercado; de corpo e cultura, unha crítica docerebrocentrismo; o pensamento de Karl Marx: alienación, loita de clases, crítica da economía política li…

Curso de Filosofía I: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes

Imaxe
Curso de Filosofía I: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes
Actividade convocada pola Biblioteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Horario: 19’00 – 20'45 (en xoves alternos dende o 1 de outubro de 2015 ata o 16 de xuño).
25  prazas con inscrición previa dende o  luns 7 de setembro:
- Na Biblioteca  de 9:00 a 21: 00 h.  - Por teléfono de 9:00 a 14:00 h. - Por correo electrónico no seguinte enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.es , poñendo no asunto o nome da actividade ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguientes datos: Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.
En calquera caso a biblioteca lle confirmaría a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se usaría o teléfono ou o correo).




Programa Completo: 

Día 1 de outubro. Do mito á filosofía
Día 15 de outubro…