Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November 26, 2015

Novembro mes da ciencia: Polímeros para xogar "O Moco Viscoso de Brita a gorila", Obradoiro cientifico.

Imaxe
Polímeros para xogar "O Moco Viscoso de Brita a gorila", da man de QUIMI. 
Este Obradoiro pretende achegar “a Química” dunha maneira divertida aos nenos que participen no Taller, sacar ao científico que levas dentro con  Quimi e os seus experimentos.
1ª parte: QuimiLab (Duración: 1h) .  Polímeros para xogar ?O Moco Viscoso. de Brita a gorila?
2ª parte: Dinámicas (Duración: 30 minutos) “Modelos Moleculares”: Constrúe un modelo molecular de maneira individual con elementos que che son coñecidos, pero non se pode comer. Ex.: Moléculas: H2O (auga), o CH4 (metano), Achegar “a Química” dunha maneira divertida aos nenos que participen no Taller.
Na sala de obradoiros dea Biblioteca Pública de Pontevedra as 11:30 h.
Con inscrición previa: COMPLETO  

27 de novembro, venres: Sesión de contos na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola: “Un berce cheo de contos”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Imaxe
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00... Ver más

Programación Do Cineclube Pontevedran para o mes de decembro

Imaxe
O Cineclube Pontevedra continua coa nosa programación no mes de decembro con dúas sesións, o día 1 e mais o día 15, no Ssaló de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola as 19:00 h. 

Long Face (Carvom) e mais A realidade son as propostas para a sesión do día 1, na que contaremos coa presenza do director. Long Face (Carvom) (2014) é a primeira dunha serie de curtametraxes nas que o carballiñés afonda na refilmación de imaxes proxectadas sobre diferentes superficies. A realidade (2012) é un filme-palimpsesto que xira arredor da loita das FARC e dos procesos de paz e que foi realizado a partir de materiais das televisións españolas, da televisión das FARC, do YouTube e de material propio.
A sesión do día 15 dedicarémoslla a Claire Simon, realizadora francesa nada en Londres que segue a liña do cinema directo francés encabezado por Raymond Depardon e que foi a figura homenaxeada na pasada edición do Play-Doc de Tui. En Coûte que coûte (1995), Simon amosa un ci…