Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
▼
xoves, 26 de maio de 2016
martes, 24 de maio de 2016
A cara oculta dos versos
Do 23 de maio ao 7 de xuño ha sala de exposicións da Biblioteca Pública d a Pontevedra.
Exposición de Isabel Pintado ao redor de obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra e Lupe Gómez, entre outros "A cara oculta dos versos" é un proxecto expositivo, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, no que a artista Isabel Pintado amosa a súa creatividade sobre 21 libros de poesía de diversos autores e autoras, intervidos como unha homenaxe aos poetas que foron protagonistas das súas lecturas.
mércores, 4 de maio de 2016
Gran Xogo das Letras Galegas 2016
Especial Día das letras galegas 2016: Gran Xogo das Letras Galegas
13 de Maio, 18:00 h. Xogo por equipos na Biblioteca Pública de Pontevedra
A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do día das letras galegas, e os autores homenaxeados ata o memento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María.
25 prazas con inscrición previa, a partir do luns 2 de maio, na planta baixa da biblioteca (Información) ou por teléfono (886 159 250) de 9:00 a 20:30 h.
Especial Día das Letras Galegas
Actividade para nen@s a partir de 6 anos.
Horario da actividade das 18:00 a 19:30h
Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra



