Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 29, 2016

Maio, mes das letras galegas na Biblioteca Pública de Pontevedra

Imaxe
Contos do Cuco 5 de maio, 18:00 h
Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante. Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.

Entrada de balde ata completar aforo Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra
Gran Xogo das Letras Galegas 2016
13 de Maio, 18:00 h Xogo por equipos
A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do día das letras galegas, e os autores homenaxeados ata o memento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María.

25 prazas con inscrición previa, a partir do luns 2 de maio,  na planta baixa da biblioteca (Información) ou por teléfono (886 159 250)  de 9:00 a 20:30 h. Especial Día das Letras Galegas Actividade para nen@s a partir de 6 anos. Horario da actividade das 18:0…