Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 26, 2017

O debuxante de soños contra a Mala Sorte

Imaxe
O venres 29 de setembro ás 18.00 h. na sala de obradoiros terá lugar a sesión de contos e obradoiro que leva por título: "O debuxante de soños contra a Mala Sorte", a cargo de Polo Correo do Vento.

Entrada de bale ata completar aforo.



Visitas escolares 2017/2018

Imaxe
As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas. 

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola ofrece un servizo de visitas escolares. Estas visitas escolares desenvolveranse en dúas convocatorias por curso. O prazo de inscrición para a primeira convocatoria será en setembro e o da segunda en xaneiro.


O número máximo de sesións (cada sesión ten un máximo de 30 escolares) será de tres por cada colexio.
 Os criterios que rexerán a concesión da visitas, serán os seguintes: Na primeira convocatoria (setembro): Por rigorosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.Na segunda convocatoria (xaneiro):Que non se teña desfrutado de ningunha sesión na primeira convocatoria.Por rigurosa orde de petición dende que a apertura do prazo de inscrición.O programa de sesións dispoñibles no curso 2017/1018 pódense consultar no seguinte enlace: 
http://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/sites/pontevedra/files/doc…

Centro de interese "Festival de Cine de San Sebastián"

Imaxe
Do 22 ao 30 de setembro celebrase a 65º edición do Festival de San Sebastián, un dos mais importantes festivais cinematográficos do mundo. 
Desde a biblioteca achegámosvos unha selección dos filmes gañadores da “Concha de Oro” e “Premio Especial do Jurado”. 
Hai películas para todos os gustos e que tocan todos os temas: dende a crise dunha parella na, xa convertida nun clásico, “Dous na carretera” a os estragos que as guerras causan en “As tartarugas tamén voan”, pasando por unha versión moi persoal dun conto clásico na orixinalísima “Blancanieves”.