Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February 1, 2018

Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2018

Imaxe
Do 1 de febreiro ata o 16 de maio.


Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2018”? É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.
Que teño que facer? Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.
Canto dura a actividade? Dende o 1 de febreiro ata o 15 de maio poderánse levar os libros en préstamo.
Que fago cando complete o "Pasaporte"? Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. Non será necesario estar presente para recibir o premio, a Biblioteca contactará cos usuarios gañadores.
Cantos pasaportes podo completar? Non hai número limitado de pasaportes, pódense ler cantos libros …