Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October 23, 2018

Visitas escolares

Imaxe
A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA iniciará a partir do 8 de novembro e ata o 23 de maio de 2019, o seu programa de “Formación de usuarios e Animación á lectura” aberto a todos os centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.  As visitas diríxense a nenos e nenas dos cursos de 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A súa duración será aproximadamente de 60 minutos, nos que se van a desenvolver actividades de animación adaptadas ás diferentes idades, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca. Realizaranse os xoves dúas visitas en horario de mañá de 10:00 a 11:00 horas a primeira e de 11:15 a 12:15 horas a segunda, en grupos de 25 a 30 alumnos.

É necesaria a concertación previa de visitas, na que se deberá indicar: o curso ao que pertezen e a actividade que se escolle, cun límite de dúas sesións por colexio.

ÁBRESE O PRAZO O DÍA 24 DE OUTUBRO na Biblioteca Pública en horario de 9…