Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 3, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Eduardo Pondal, 1965

Imaxe
Eduardo Pondal naceu en Ponteceso en 1835. Foi o menor dos sete irmáns dunha familia fidalga cun alto poder adquisitivo.

En 1848 comezou os estudos de bacharelato en filosofía en Santiago de Compostela e despois a carreira de Medicina. En Santiago participou activamente na vida cultural da cidade e compartiu inquietudes con Aurelio Aguirre, Manuel Murguía e Rosalía de Castro.


Na década dos cincuenta foi cando apareceu a súa vertente como poeta, e en 1857 apareceron os primeiros versos de Os Eoas.

Tras rematar a carreira en 1860 e opositar ao corpo de Sanidade Militar en Madrid, comeza a desinteresarse pola Medicina que deixou definitivamente en 1864.

En 1961 participou nos primeiros Xogos Florais de Galicia en A Coruña, e Pondal presentouse con A campana d'Anllóns. A partir dese momento o poeta foise a vivir á casa paterna e visitaba
constantemente Santiago de Compostela e A Coruña para participar na vida cultural e literaria destas cidades. Neste tempo publicou A fada dos mont…