Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 6, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Antonio Noriega Varela, 1969

Imaxe
En 1869 naceu en Mondoñedo o escritor, xornalista e poeta Antonio Noriega Varela de corte conservador. 

Tras estudar no Seminario de Mondoñedo e sen rematar a formación como sacerdote por falta de vocación, fíxose mestre. 

Comezou a traballar en Foz onde entrou en contacto co agrarismo e o movemento anticaciquil xunto a Antón Villar Ponte. En 1895 obtén un premio nun certame literario en Mondoñedo con De Ruáda.Nesta época colaborou na revista satírica Guau...Guau! Esta vinculación agrarista fixo que fora trasladado forzosamente a Calvos de Randín primeiro e a Trasalba despois. Neste último destino foi onde comezou a súa amizade con Otero Pedrayo e cos integrante da xeración Nós.

En 1904 publicou o seu primeiro libro, Montañesas, que cambiou de título en 1920, D'o ermo. Trátase dunha obra costumista, na que os poemas falan dos labregos e da natureza. 

No ano 1913 publicou A Virxe e a paisaxe, unha escolma de cantigas populares na honra da Virxe María.

En 1926 instalouse en Abadín e un …