Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 7, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Marcial Valladares Núñez, 1970

Imaxe
Marcial Valladares Núñez naceu en Vilancosta-Berres (A Estrada) en 1821.
Nado dentro dunha familia con inquietudes intelectuais, o traballo do pai o levará a estudar o bacharelato entre Santiago de Compostela e Ourense, cidade onde conseguirá obter a titulación de Licenciado en Xurisprudencia en 1842. Seguidamente voltará a Santiago para seguir formándose profesionalmente e en 1844 trasladarase a Zamora para traballar, aínda que non vai tardar en volver a Galicia, onde será nomeado Diputado Porvincial por Taiberós (Pontevedra) en 1852.
Durante a súa vida na provincia de Pontevedra destacará polas súas labores políticas e será nomeado “Membro Correspondiente” da Real Academia Española en 1880.
En 1866 finalmente decidirá deixar o traballo e a súa actividade política para retornar xunto coa súa familia a Vilancosta, lugar onde se dedicará ao xornalismo e á literatura ata a súa morte en 1903.
Como home culto e ben formado, consagrou gran parte da súa vida como intelectual á lexicografía gal…