Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 12, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Xoan Manuel Pintos, 1975

Imaxe
Xoán Manuel Pintos, nado en Pontevedra en 1811, foi unha das máis destacadas figuras da primeira xeración provincialista dos percusores do Rexurdimento.
Estuda humanidades na Coruña antes de cursar Dereito, Filosofía e música en Santiago. Entre 1837 e 1840 traballa como avogado na Coruña ata que é nomeado xuíz de primeira instancia en Cambados polo goberno progresista. Cando os conservadores retornen ao poder en 1844, será destituído e voltara exercer a avogacía, desta volta en Pontevedra. En 1862, pasa a traballar como rexistrador da Propiedade en Vigo, cargo que ocupou ata o seu falecemento en 1876 na cidade olívica.
Da súa obra, escrita case exclusivamente na nosa lingua, destacase A gaita tocada polo gaiteiro ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis, unha obra trilingüe (galego, castelán e latín) para achegar o galego aos lectores e publicada en fascículos ao longo de 1853, xunto co Breve diccionario escrito por el tambor…