Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 13, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Antón Villar Ponte, 1977

Imaxe
Villar Ponte nace en Viveiro en 1881. Licénciase en Farmacia en 1904 pola Universidade de Santiago, onde entra en contacto co republicanismo. Pouco despois, rexenta unha botica en Foz, dende onde comeza a súa labor xornalística anticaciquil na Revista Gallega e escribe a obra dramática Do caciquismo: A patria do labrego. En 1906 marcha a Madrid e escribe para El País. Regresa a Galicia no ano seguinte como redactor de Tierra Gallega, malia que logo se ve forzado a marchar a Cuba por mor das dificultades económicas. Alí, dirixe o Diario Español e revistas como Alma Gallega e Follas Novas, participa na fundación da Real Academia Galega e contacta con Basilio Álvarez e Ramón Cabanillas.
Retorna en 1910, traballando como correspondente do Diario de la Marina e Correspondencia e redactor de La Voz de Galicia, amais de selo presidente da Asociación de Prensa da Coruña. Nestes anos evoluciona do republicanismo ao nacionalismo da man de Manuel Lugrís Freire e de Murguía. Por iso, en 1916 funda…

Conta atrás das Letras Galegas: Ramón Cabanillas, 1976

Imaxe
Ramón Cabanillas, o “poeta da raza”, nace en 1876 en Cambados. Estudante do Seminario de San Martiño Pinario en Santiago, abandona a carreira eclesiástica en 1893 para voltar á vila natal. En 1910 emigra a Cuba, onde publica os seus primeiros libros, No desterro (1913) e Vento mareiro (1915), pero sobre todo onde entra en contacto co agrarismo da man de Basilio Álvarez, cambiando a vocación intimista da súa lírica para poñela ao servizo do pobo.
Deste xeito, en 1916 regresa a Galicia para exercer como secretario do concello de Mos. Únese ás Irmandades da Fala e colabora na súa revista A Nosa Terra. En verso publica, entre outros, Da terra asoballada (1917), con clara vocación educadora, e Na noite estrelecida (1926), onde emprega o ciclo artúrico para a exaltación patriótica. Asemade, publica as obras teatrais reivindicativas A man da santiña (1921) e O Mariscal (1926), esta última canda Villar Ponte.
En 1920, ingresa na Real Academia Galega e na Española en 1929. A sublevación de 1936 …