Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 14, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Antonio López Ferreiro, 1978

Imaxe
Antonio López Ferreiro naceu en 1837 en Santiago de Compostela, cidade onde pasou a maior parte da súa vida e á que adicou os seus estudos e escritos. Pola súa encomiable labor foi homenaxeado en 1978 no Día das Letras Galegas.
Sacerdote, cóengo, arqueólogo e historiador, estudou Teoloxía, Filosofía e Letras e Dereito en Madrid. Tras unha breve estancia en Vedra como párroco, foi nomeado cóengo da Catedral de Santiago, o que lle permitiu ter acceso aos documentos e arquivos da igrexa compostelá e desenvolver a súa faceta de historiador e arqueólogo.
Durante a súa vida realizou múltiples traballos, investigacións e descubrimentos que son dignos de ter en conta para a historia e a cultura galega, pero cadra un dos feitos a destacar é a novidade de escribir novela histórica en galego. Súas son as obras A tecedeira de Bonaval (1894), O Castelo de Pambre (1895) e O niño de Pombas (1905), as tres centradas na historia xacobea.
Pero o recoñecemento para esta figura non debe limitarse soamen…