Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 18, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Luis Amado Carballo, 1982

Imaxe
Naceu en Pontevedra o de 2 de maio de 1901 no seo dunha familia ilustrada e conservadora. Estudou bacharelato no Instituto de Pontevedra, despois Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, para acabar regresando a súa cidade natal, onde estudou Maxisterio.
Amado Carballo exerceu como mestre de escola e como xornalista, e para desenvolver esta última labor mudouse a Madrid en 1920, onde entrou en contacto co mundo literario e bohemio. Estando na capital, colaborou en diversos xornais e revistas.
No ano 1922 volveu a Pontevedra e xunto a Xoán Vidal Martínez, fundou a revista Alborada e continuou colaborando noutras publicacións como La Concordia, A Nosa Terra, El Pueblo Gallego...
En 1924asinou o seu primeiro poemario, Proel, aínda que non sería publicado ata 1927.
Enfermo de tuberculose, pasou o verán de 1926 en Soutelo de Montes, foi alí onde escribiría a maioría dos poemas da súa obra póstuma O Galo (1928).
O 3 de setembro de 1927 e por mor da enfermidade, falece en Pontevedra.
Luí…