Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 21, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Antón Losada Diéguez, 1985

Imaxe
Antón Losada Diéguez naceu en Boborás o 22 de decembro de 1884, foi ensaísta e un dos membros máis importantes da Xeración Nós. Pertencía a unha familia fidalga con unha profunda ideoloxía tradicionalista e católica. Os seus primeiros estudos realizounos nos Xesuítas na Guarda e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Deusto. En 1904 trasladouse a Madrid para facer o doutoramento, foi nesta época cando deu comezo a súa vocación literaria e a implicación política. A partir de 1907 visita con frecuencia Galicia e participa no movemento agrario, colaborando na fundación de sindicatos agrarios.
Aprobou a oposición á cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito, e fíxose cunha praza en Ourense, onde rapidamente se afixo ao ambiente cultural da cidade.
En 1917 ingresou nas Irmandades da Fala e desempeñou un papel relevante na conformación da ideoloxía nacionalista na Galiza. Presidiu a I Asemblea Nacionalista en Lugo en 1918 e, dous anos máis tarde…