Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 22, 2019

Conta atrás das Letras GAlegas: Aquilino Iglesias Alvariño, 1986

Imaxe
Aquilino Iglesia Alvariño foi un poeta, crítico e tradutor de obras grecolatinas galego. Naceu en Seivade (Lugo) en 1909 e morreu en Santiago de Compostela en 1961.
Pertencente a unha familia de labradores, a súa infancia vivida no mundo rural galego marcará a súa obra. A súa poesía de estilo bucólico estará impregnada deses primeiros anos de vida, así como a representación da vida, cultura e linguaxe galegas. Con 16 anos comeza publicar os seus primeiros versos, pero non será ata 1930 cando se publicará o seu primeiro libro, Señardá.
Aquilino estudou no Seminario de Mondoñedo Latín e Filosofía, carreira que abandonaría en 1931 para entrar no servizo militar e que non retomaría ata anos máis tarde en Santiago de Compostela. Sería durante a súa estancia en Mondoñedo cando coñecería a literatura clásica grecolatina, literatura que o impulsaría a realizar traducións de moitas obras escritas nesa lingua. Tamén nestes anos coñecería a outros autores galegos como Vicente Risco ou Ramón Ote…