Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 24, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Celso Emilio Ferreiro, 1989

Imaxe
Celso Emilio Ferreiro naceu en 1912 en Celanova. Os seus primeiros estudos foron cos Pais Escolapios.
Dende mozo estivo ligado ao movemento nacionalista, afiliándose ás Mocidades Galeguistas. Coa Guerra Civil, Celso Emilio foi obrigado a incorporarse ao exército franquista, sen convencemento. Polo que acabou sendo condenado a morte. Estivo varios días en prisión, ata que conseguiu un indulto. Na cadea foi onde escribiu o poema "Longa noite de pedra", que logo daría pe ao libro co mesmo título.
Unha vez rematada a Guerra Civil estou na Universidade de Santiago de Compostela Maxisterio, sen chegar a exercer. E tras casar instálase en Pontevedra. Nesta cidade fundou en 1948 a colección Benito Soto.
En 1949 comezou a traballar como procurador en Vigo, e escribiu unha biografía de Curros Enríquez. Fíxose colaborador habitual de revistas e dirixiu para Galaxia a colección de poesía Salnés. No ano 1954 publicou “O soño asulagado” e en 1962 “Longa noite de pedra”. Esta última esgotous…

Conta atrás das Letras Galegas: Ramón Otero Pedrayo, 1988

Imaxe
Ramón Otero Pedrayo naceu en Ourense o 5 de marzo de 1888, foi político, novelista, xeógrafo... e unha das figuras que máis achegou á cultura galega. Era descendente dunha familia fidalga que posuía un pazo en Trasalba e estudou o bacharelato en Ourense.
No ano 1905 trasladouse a Madrid para cursar as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras, nestes anos na capital estivo influído por autores da Xeración do 98, así como polo modernismo e o simbolismo.
Otero Pedrayo regresou a Ourense en 1912, onde se integrou e dinamizou o ambiente cultural da cidade xunto con Risco, López Cuevillas e Primitivo Rodríguez Sanjurjo. Nesta época colabora en diversos xornais e revistas como La Centuria ou La Región. En 1918 ingresou nas Irmandades da Fala e dous anos despois, foi un dos fundadores da revista Nós. O seu labor dentro da Xeración Nós foi fundamental, xa que foi o renovador da prosa escrita en lingua galega.
Unha vez aprobada por oposición a cátedra de Xeografía e Historia e despois de varios…