Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 25, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Luis Pimentel, 1990

Imaxe
Luis Pimentel naceu en 1895 en Lugo. Tras estudar o Bacharelato na súa cidade natal trasladouse a Santiago de Compostela a estudar a carreira de Medicina. Comezou nestes momentos a escribir os seus primeiros versos. Rematada a carreira foi a Madrid a facer o doutorado. Nesta etapa participou activamente da vida cultural xunto ás principais figuras da Xeración do 27. Rematado o doutorado trasladouse a Lugo onde exerceu como médico no hospital. Aínda que continuou coa súa actividade cultural e literaria, asistindo ás diferentes tertulias da cidade e escribindo poesía. Dúas das súas amizades vanlle influír moito na súa poesía. Por un lado Evaristo Correa Calderón, e por outro, o musicólogo Bal e Gay. Correa Calderón da revista Ronsel, púxoo en contacto con outros poetas da época como Bécquer, Rubén Darío, Dámaso Alonso, Fernando Guillén, Francis James, Rilke ou Antonio Machado entre outros. Bal e Gay, autor de Hacia el ballet gallego, consegue que Pimentel preste especial atención á músi…