Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 27, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Luis Seoane, 1994

Imaxe
Fillo da emigración, Seoane nace en Bos Aires en 1910. Cando contaba seis anos, a súa familia asentase na Coruña, onde estuda o bacharelato antes de desprazarse a Santiago para cursar Dereito. Na cidade compostelá, comezará a perfilar a súa vocación artística, ilustrando libros, e a súa ideoloxía galeguista de esquerdas, militando na Federación Universitaria Escolar, participando das Irmandades da Fala e colaborando coa Xeración Nós.
Durante a República, exerce como avogado laboralista na Coruña, integrase no Partido Galeguista e defende activamente o Estatuto de Autonomía. Pero o estoupido da Guerra trunca a súa realidade, obrigandoo a fuxir a Bos Aires.
Dende o exilio, liderará o movemento cultural galego. Comeza a desenvolver os seus traballos pictóricos polos que é mellor coñecido e dirixe a revista Galicia. Pon en marcha diversor proxectos editoriais para manter viva a chama do galeguismo, como as revistas Cuco-Rei, Galicia Libre e Galicia Emigrante (despois programa de radio).…

Conta atrás das Letras Galegas: Eduardo Blanco Amor, 1993

Imaxe
Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense no ano 1897, constituíu un dos grandes fitos da renovación narrativa galega e asemade, foi unha figura fundamental no teatro e no xornalismo.  Recibiu o maxisterio na Escola Normal da man de Vicente Risco, personalidade que supuxo unha grande influencia no seu posicionamento en defensa da cultura galega. Aos dezasete anos xa traballaba en El Diario de Orense e frecuentaba os faladoiros co seu mestre Risco.
No ano 1919 emigrou a Bos Aires, onde entrou en contacto con intelectuais e artistas, tanto galegos como arxentinos, alí traballou con Borges, Sábato, Suárez Picallo... nesta época fundou a revista Terra, escrita en galego, e colaborou noutras moitas revistas e xornais como El Despertar Gallego, La Nación, Céltiga, Correo de Galicia...
Entre 1929 e 1935 realizou dúas viaxes á Península como correspondente de La Nación, nelas entrou en contacto co Partido Galeguista e a Xeración Nós e tamén, coa Xeración do 27 da literatura española. Co estoupido da …