Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 29, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Ánxel Fole, 1997

Imaxe
Ánxel Fole naceu en Lugo o 11 de agosto de 1903, está considerado un dos grandes contemporáneos do relato curto, harmonizou nas súas obras a narrativa popular cun estilo culto e é un dos máximos expoñentes da literatura de transmisión oral.
Tras estudar no colexio dos Padres Maristas e despois no Seminario, obtivo o título de Bacharelato no Instituto de Lugo e en 1927 comezou a cursar estudos de Dereito e Filosofía e Letras entre Valladolid e Santiago, onde estivo ata 1933.
Desde 1927 publicou numerosos artigos en xornais e revistas como La Provincia, El Progreso, Guión, Resol, Yunque... e en 1933 comezou a traballar como redactor no xornal vigués El Pueblo Gallego, onde publicou o seu primeiro artigo en galego, ao ano seguinte. Asemade en Lugo, foi correspondente da axencia de noticias Febus, o que posteriormente pasaría a chamarse EFE.
Fole introduciuse na vida política, primeiro en círculos republicanos e, desde 1935, militando no Partido Galeguista. Co estoupido da Guerra Civil, cont…

Actividades infantís para maio. Mes das Letras Galegas

Imaxe
Contos nas orellas nas Letras Galegas, a cargo de Bea Campos


Venres 3 de maio ás 18:00 h Público infantil partir de 3 anos Lugar:Sala de obradoiros Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala
A investigadora Peregrina e o misterioso caso de Antón Fraguas, a cargo de Polo Correo do Vento Venres 10 de maio ás 18.00 h Público infantil, a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala


Obradoiro das Letras Galegas: Obradoiro de contos e lendas de misterio, a cargo de Anias Mércores 15 de maio 18:00 a 19:30 h