Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 2, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Manuel Murguía, 2000

Imaxe
Manuel Antonio Martínez Murguía naceu o 17 de maio de 1833 en Arteixo, historiador, investigador e escritor, impulsou o noso Rexurdimento cultural e foi membro fundador e presidente da Real Academia Galega, e está considerado o iniciador da historiografía galega moderna.
O seu pai era farmacéutico, primeiro na Coruña e posteriormente en Santiago de Compostela, a onde se trasladaron e onde viviu o levantamento civil e militar de abril de 1846, que deixou profunda pegada en Murguía. Foi nesta cidade onde acadou o bacharel en Filosofía en 1851 e accedeu á facultade de Farmacia, estudos que acabaría deixando para dedicarse ao seu labor como investigador e escritor. En Compostela rodéase doutros mozos interesados na cultura e con vocación literaria, moi marcados polos sucesos de Carral, como Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal ou Rosalía de Castro.
No ano 1851 trasladouse a Madrid, onde comezou a colaborar en publicacións periódicas de signo liberal como La Iberia, Las Novedades ou El Correo U…