Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 4, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Avilés de Taramancos, 2003

Imaxe
Xosé Antón Avilés Vinagre naceu o 6 de abril de 1935 en Taramancos, lugar da parroquia de Boa, no concello de Noia. Iniciou os seus estudos na escola de Boa, para posteriormente, ingresar na Academia Balmes e proseguir en Santiago de Compostela.
A súa primeira composición poética foi Saloucos d´un emigrante (1951), publicada na revista Tapal, nos primeiros anos da década dos cincuenta continuará colaborando con esta revista, ademais de facelo noutras como Sonata Gallega.
No ano 1953 Avilés trasládase á Coruña coa intención de estudar Naútica, aínda que nunca chegou a cursala. Na cidade herculina entra en contacto coa Peña Amanecer e coñece a autores tan salientables como Álvarez Torneiro, Alfonso Abelenda ou Urbano Lugrís. Colabora en revistas como Atlántida ou Aturuxo e ven a luz os seus poemarios, As moradías do vento e frauta y-o garamelo.
Avilés de Taramancos decide regresar a Noia no ano 1960, alí fai amizade con Salvador García-Bodaño e escribe a súa obra O tempo no espello. A fin…

Conta atrás das Letras Galegas: Frei Martín Sarmiento, 2002

Imaxe
Pedro Xosé García Balboa, coñecido como Frei Martín Sarmiento, naceu en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finou en Madrid o 7 de decembro de 1772. Ao pouco de nacer trasladouse a Pontevedra coa súa familia. En 1710 mudouse a Madrid para ingresar na orde benedictina no Mosteiro de San Martín.
Desde 1715 ata 1717 residiu en Salamanca para estudar Teoloxía sendo aquí onde adoptou o nome de Martín Sarmiento. Nos anos seguintes foi ordenado presbítero e viviu en varios conventos bieitos. Xa en 1725, tras unha curta estancia en Pontevedra, Sarmiento estableceuse en Madrid; residencia só interrompida entre febreiro de 1726 e maio de 1727 para se trasladar a Toledo e tamén con algunha visita a Galicia.
Trabou amizade con Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, polo que sentía admiración e co que mantivo correspondencia ata a súa morte. En defensa do seu amigo publicou Demostración Crítico-Apologética del Theatro Crítico Universal (1732), que sería a única obra que publicou en vida.…