Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 10, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Uxío Novoneyra, 2010

Imaxe
Uxío Novoneyra foi un poeta galego e galeguista que naceu en Parada do Courel en 1930 no seo dunha familia labrega acomodada. Os seus primeiros anos de vida no Courel e o feito de ter a un tío fuxido e escondido pola familia nesa época, logo de rematar a Guerra Civil, serán dous compoñentes que marcarán a poesía de Novoneyra no primeiro caso (“Elegías del Caurel y otros poemas” en 1966) e da súa ideoloxía política no segundo (“Os Eidos II” en 1974).
No ano 1945 vaise vivir a Lugo para completar os seus estudos, lugar onde coñecerá a Manuel María e co que establecerá unha relación de amizade que perdurará ao longo dos anos.
No 48 marcha para Madrid a preparar o Exame de Estado, o que suporá abrir unha nova etapa na súa vida definida por unha inquietude cultural e aprendizaxe autodidacta, nutríndose da vida cultural madrileña.
Aínda que os seus primeiros traballos serán maioritariamente en castelán, coa súa volta a Galicia en 1951 e a súa integración na vida cultural e artística gal…