Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 12, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro, 2014

Imaxe
Xosé María Díaz Castro naceu en febreiro de 1914 no seo dunha familia labrega dos Vilares (Guitiriz), educouse na escola “habanera”, que promovera a Sociedade de Instrucción “Villares y su comarca”, constituída na Habana. En 1929 ingresou no seminario conciliar de Mondoñedo, onde cursou os estudos da carreira eclesiástica case ao completo. Foi alí onde comezou a interesarse polas linguas e deu os primeiros pasos na escrita, colaborando no xornal El Progreso Villalbés.
Os anos da Guerra Civil cúmpreos na retagarda, no Hospital militar de Pontevedra e despois, ingresa como profesor de lingua no colexio privado León XIII de Vilagarcía. En 1948 gañou praza de funcionario público e trasladouse a Madrid, onde traballou como tradutor para organismos oficiais e privados. Primeiramente no Ministerio de Gobernación, despois exerceu a docencia como profesor de linguas clásicas e modernas, traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas e tamén, no Instituto de Cultura Hispánica.
Díaz…

Conta atrás das Letras Galegas: Roberto Vidal Bolaño, 2013

Imaxe
Roberto Vidal Bolaño naceu no ano 1950 en Santiago de Compostela. En 1965, con só quince anos, participou na súa primeira obra teatral. Comezou por aquel entón a súa formación no mundo do teatro, do cine e da literatura. Todo isto compaxinado con varios traballos que nada tiñan que ver co teatro e un servizo militar obrigatorio en Ceuta.
Co grupo teatral Antroido participou nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia entre os anos 1973 e 1980, nas que se deu a coñecer como escenógrafo e coreógrafo. Desde 1978 dedicouse profesionalmente ao teatro e foi un dos primeiros directores en participar no teatro institucional pondo en escena, en colaboración co Centro Dramático Galego a súa obra “Agasallo de sombras” (1984). Estivo na compañía "Teatro do Estaribel" e por último en "Teatro do Aquí".  Roberto Vidal Bolaño escribiu para as súas compañías de teatro, polo que prestaba especial atención a todos os aspectos das obras, xa que ían ser representadas. As súas obras de pr…