martes, 21 de setembro de 2021

Obradoiro de Kamishibai

 



O vindeiro 1 de outubro terá lugar na Biblioteca un obradoiro de Kamishibai para nenos e nenas de 6 a 11 anos no espazo de acticidades da planta baixa. De 18.00 a 19.30 h.

 

Os nenos e nenas crean historias a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas. Estructúrase a historia en diferentes pranos e configúranse personaxes a través de debuxos, collages...Realízase unha maqueta física do teatro, recortando, pegando e debuxando onde ó rematar cada participante representa a súa historia e poden levar para casa o seu teatriño.

 

Con inscrición previa a partir do 22 de setembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca.

 

Uso obrigatorio de máscara



martes, 14 de setembro de 2021

A detective peregrina e o roubo do torque

 



Un roubo no Museo vai facer que Peregrina, a investigadora pontevedresa, teña que resolver un novo misterio…

Obradoiro de contos e debuxos para nenos e nenas a partir de 6 anos.


Na Biblioteca Pública de Pontevedra o venres 24 de setembro ás 18.00h.


Con inscrición previa a partir do 15 de setembro na páxina web da biblioteca.






luns, 13 de setembro de 2021

Experimentos divertidos




Obradoiro de iniciación á ciencia para rapazas e rapaces no que participarán de diversos experimentos.


O xoves 23 de setembro de 18.00 a 19.30 h.


Público infantil, de 6 a 12 anos


Con inscrición previa a partir do 14 de setembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web de biblioteca.


Uso obrigatorio de máscara

martes, 7 de setembro de 2021

Curso de filosofía 2021-2022


 

 Filosofar no século XXI.



Curso de filosofía aberto a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes.


Actividade realizada ao abeiro do Programa de voluntariado cultural nas bibliotecas públicas.


Os mércores a partir do 6 de outubro en horario de 19.00 a 20.45 h. no salón de actos.



Prazo de inscrición do 8 ao 15 de setembro a través deste formulario web.




Da biblio a Hogwarts

 


Chega un novo obradoiro de maxia á biblioteca para rapaces e rapazas de 8 a 11 anos. O próximo venres 17 de setembro de 18.00 a 19.30 h.


Con inscrición previa na páxina web da biblioteca a partir do 8 de setembro ás 11.00 h.




Clubs de lectura 2021/2022




Voltan os clubs de lectura da biblioteca:

— Club “Voz de muller” luns alternos desde o 4 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

— Club de francés martes alternos desde o 5 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

— Club de castelán todos os mércores desde o 6 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

— Club de galego xoves alternos desde o 7 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

 


Prazo de inscrición inicial: do 21 ao 27 de setembro (só se permitirá a elección dun club por persoa)

20 de setembro: xornada presencial en horario de 9.00 a 14.00 h e 16.00 a 20.45 h na administración da biblioteca (segundo andar).

Do 21 ao 27 de setembro:  inscrición a través deste formulario web.

 


Segundo prazo: aberto todo o ano a partir do 28 de setembro

Neste prazo poderán facerse solicitudes a calquera club, independentemente de que xa se dispoña de praza noutro. As solicitudes serán a través de formulario web.

 


As prazas cubriranse por estrita orde de petición. As solicitudes que queden sen praza formarán una lista de reservas con vixencia durante esta etapa dos clubs.