Publicacións

Actividades decembro

Imaxe
Miguel Hernández. 75 aniversario do seu pasamento.” Do 27 de novembro ao 13 de decembro. Centro de interese con obras de Miguel Hernández na segunda planta da Biblioteca.Destinado a público xuvenil e adulto.


Aquí viviu o veciño de Valle-Inclán”, a cargo de Polo Correo do Vento. 1 de decembro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo. Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos Lugar: Sala de obradoiros Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo

Un Nadal de cine”. Centro de interere na sala infantil. Do 15 de decembro ao 10 de xaneiro. Centro de interese con libros, películas e música de Nadal. Na sala infantil para público infantil.

Botemos unhas risas. Centro de interese na segunda planta. Do 18 de decembro ao 16 de xaneiro.

Unha biblioteca con moito espazo

Imaxe
Co gallo do mes da ciencia en galego nas bibliotecas, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola ten na sala infantil da biblioteca unha selección de libros sobre o espazo que seguro que fan as delicias dos máis intrépidos lectores.








Mulleres con ciencia

Imaxe
Mostra bibliográfica na Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola.



A muller está na ciencia dende sempre, dende sempre fixo aportacións ao avance científico, e dende sempre participa na construcción do pensamento científico, grazas aos seus innumerables achados.
Co gallo do mes da Ciencia, dende a Biblioteca Pública de Pontevedra, queremos facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres da Ciencia, que a pesares dos atrancos e do menosprezo que tiveron que sofrer nunha época determinada, lograron dar a coñecer o froito do seu esforzo.
GRAZAS A TODAS.






Programación de actividades para o mes de novembro

Imaxe
O mes de novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, por iso temos unha programación algo especial e acorde co tema:



"Unha biblioteca con moito espazo" Centro de interese.  Selección de libros infantís sobre o espazo.
Data: mes de novembro Lugar: Sala infantil



"Mulleres con ciencia" Mostra bibliográfica.  Selección de libros infantís sobre o espazo.
Data: mes de novembro Lugar: Sala de exposicións.




2 de novembro, xoves: "A arte como ferramenta científica". Obradoiro.
Público destinatario: Nen@sde 9 a a12 anos. No caso de quedar plazas vacantes poderán asistir outros interesados que s epresenten o día da actividade. Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 2 sesións: 1ª sesión de 18.00 a 18.50; 2ª sesión de 19.00 a 19.50 h.
Esta iniciativa está liderada pola Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Estudos Galegos "Padre Saramiento" e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ec…

A arte como ferramenta científica. Obradoiro.

Imaxe
Público destinatario: Nen@sde 9 a a12 anos. No caso de quedar plazas vacantes poderán asistir outros interesados que s epresenten o día da actividade. Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 2 sesións: 1ª sesión de 18.00 a 18.50; 2ª sesión de 19.00 a 19.50 h. 20 plazas por sesión. Data: 2 de novembro, xoves.

Esta iniciativa está liderada pola Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Estudos Galegos "Padre Saramiento" e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Economía, Industria y Competitividad".

Este obradoiro busca espertar o interese dos adolescentes pola arte e a ciencia, cunha actividade manual que fomenta a súa creatividade e curiosidade. 

UCC CSIC GaliciaIEGPSCSIC DivulgaF E C Y T · Ciencia e Innovación ·

Gañadores IV Certame Relato Curto

Imaxe

Bibliotecas de película

Imaxe
A imaxe das bibliotecas e o persoal bibliotecario no cine. Mostra.