venres, 28 de xuño de 2013

Centro de interese "Coñece Galicia"

 Podedes atopalo no 2º andar na sala préstamo

  • Guías
  • Monografías temáticas
  • Audiovisuais ambientados en Galicia
  • Novela ambientada en Galicia



Horario de verán na Biblioteca Pública de Pontevedra

xullo e agosto- na Biblioteca Pública de Pontevedra



Luns a venres de 8:30 a 14:30
Infantil de 9:00 a 14:30

o mostrador de préstamo pechará 10 minutos antes

xoves, 27 de xuño de 2013

A Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos antigos fondos de varios mosteiros. Pasou polos edificios do Instituto Provincial, colexio da Compañía, Palacio Provincial, arquivo de Facenda e o Instituto de Ensinanza Media.

En 1960 trasládase ao Paseo de Colón, compartindo espazo co Arquivo Histórico. En 1988 trasládase en á rúa Alfonso XIII, nº 3, lugar que hoxe ocupa.



Ademais dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.

  • Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
  • Libros en homenaxe a Losada Diéguez
  • Biblioteca Muruais (1946), de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX
  • Parte da biblioteca das irmáns Mendoza
  • Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar
  • Así mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e 1.849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII

Na actualidade dispón de 145.550 títulos, 2.786 publicacións periódicas e revistas, das que 696 son de actualidade e 13.810 materiais especiais.

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e tamén da rede de Bibliotecas Públicas do Estado, coma unha das 51 bibliotecas que a constitúen. Participa en proxectos colaborativos de catalogación e actualmente colabora no proxecto Pregunte: a biblioteca responde que da respostas a cuestións plantexadas por usuarios a través de Internet.

No ano 2007 a biblioteca foi centro piloto no programa da Consellería de Cultura e Deporte Bibliotecas ilustradas, que pretendía anovar a imaxe das bibliotecas galegas, dentro do cal o ilustrador pontevedrés Kiko Da Silva realizou varios murais na sala do primeiro andar.

Camiña Galicia

  Durante os meses de verán, na sala infantil, podes atopar esta selección de libros para levar prestados  sobre os camiños de Santiago.