sábado, 31 de outubro de 2020

Obradoiro de estilo literario




Obradoiro de estilo literario co escritor Javier Peña, autor da novela "Infelices", creador, profesor e coordinador do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura e creador do Taller Casa Blackie de Novela.

Tres sesións virtuais os xoves 19 e 26 de novembro e o 3 de decembro das 19.00 ás 21.00 h.
Dirixido a maiores de 18 anos.
Inscrición previa desde o luns 2 de novembro ás 9.00 h. a través do formulario que podes atopar na páxina web da
bppontevedra
https://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/gl/inscricion-ao-obradoiro-de-estilo-literario



martes, 27 de outubro de 2020

Precine



Obradoiro creativo a cargo de Raquel Queizás para nenas e nenos a partir de 6 anos. Na Biblioteca Pública de Pontevedra o día 6 de novembro de 18.00 a 19.30h.


Queredes saber que artefactos foron os precursores do cine moderno? Acompañádeme e coñeceredes os inicios do cinema! As nenas e nenos de 6 anos en adiante realizarán os seus primeiros debuxos animados construíndo xoguetes ópticos


Inscrición previa desde o mércores 28 de outubro no teléfono 886 159 249 de 9.00 a 14.00 h.



venres, 23 de outubro de 2020

Celebra o Día das Bibliotecas cun conto de Gianni Rodari



 Este ano, para celebrara o Día das Bibliotecas, na sala infantil temos unha selección de libros de Gianni Rodari que podes levar en préstamo ata o 2 de novembro.

Neste ano 2020 conmemórase o nacemento de Gianni Rodari, escritor, pedagogo, periodista e un referente da literatura infantil e xuvenil.


mércores, 21 de outubro de 2020

Carvalho Calero "A voz presente"




"A voz presente" é unha exposición realizada pola AGAL  e a Xunta de Galicia que conta con Carlos Quiroga e José Luis Rodríguez (USC) como comisarios.

A mostra consta de varios paneis nos que, por unha banda, se expón a vida de Carvalho en relación aos acontecementos de cada época que viviu a través dunha liña de tempo e, doutra banda, úsanse textos do propio Carvalho para explicarse a si mesmo. Ricardo Carvalho Calero foi o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas de 2020.


Podes vela na Biblioteca Pública de Pontevedra desde o 20 de novembro ata o 2 de novembro, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h.

Entrada gratuíta




martes, 20 de outubro de 2020

Creación de Banda Deseñada



O venres 30 de outubro de 18.00 a 19.30 h na Biblioteca Pública de Pontevedra.


É posible crear unha banda deseñada nun día? Sempre que coñezas as técnicas necesarias si. Nesta master class aprenderemos as bases para crear unha banda deseñada, dende a xestación da primeira idea, pasando polos bosquexos, o deseño de personaxes, a composición de escenas, ata a chegada do mater ial a imprenta. Ademais, ver emos algunhas técnicas e consellos para chegar a máis público coas túas obras coa creación de web-cómic dixitais.


Para rapazada a partir de 12 anos e adultos


Inscrición previa desde o mércores 21 de outubro no teléfono 886 15 92 49 de 9.00 a 14.00 h.


Uso obrigatorio de máscara



luns, 19 de outubro de 2020

Iniciación á arte de contar contos



Este venres 23 de outubro ás 17.30 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra.


Obradoiro dirixido a educadores, pais e nais, docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.


Neste obradoiro, Bea Campos abordará a importancia da tradición oral, os álbums ilustrados e compartirá cos asistentes diferentes técnicas de expresión oral.


Inscripción previa desde hoxe 19 de outubro no teléfono 886 15 92 49 de 9:00 a 14:00 h.


Uso de máscara obrigatorio e prazas limitadas


martes, 13 de outubro de 2020

Contar un conto

 



Obradoiro para pais e nais que queiran facer un conto para os seus fillos, onde se traballarán as ilustracións, guións e narracións.


Na Biblioteca Pública de Pontevedra os días 19, 20 e 21 de outubro de 18.30 a 20.00 h.


Con inscrición previa a partir do mércores 14 de outubro no teléfono 886 159 249 de 9.00 a 14.00 h.


Uso obrigatorio de máscara e grupos reducidos

mércores, 7 de outubro de 2020

Historias da Marquesa


O contacontos "Historias da Marquesa" terá lugar o venres 16 de outubro. Para nenos e nenas a partir de 6 anos.

1ª sesión de 17.30 a 18.15 h
2ª sesión de 18.30 a 19.15 h

Con inscrición previa a partir do 7 de outubro ,mércores, no teléfono 886 15 92 49, de 9.00 a 14.00 h.


Máscara obrigatoria e capacidade da sala reducida



luns, 5 de outubro de 2020

Peche da Biblioteca por fumigación




O vindeiro sábado día 10 de outubro de 2020 a Biblioteca Pública de Pontevedra 

permanecerá pechada fumigación das instalacións.  



Relatar na Igualdade



Xoves 15 de outubro de 17.30 a 20.00 h.na Biblioteca Pública de Pontevedra


Neste obradoiro para adultos abordamos a escritura desde a análise e a práctica dos elementos compositivos. Indagaremos nos estímulos e as tendencias persoais e centraremos a temática na igualdade de xénero, tentando transmitir as sensacións e emocións de cada participante.


Con inscrición previa a partir do 6 de outubro, martes, no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.


Uso obrigatorio de máscara e capacidade da sala reducida.



Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...