martes, 28 de novembro de 2017

Actividades decembro



  • Miguel Hernández. 75 aniversario do seu pasamento.” Do 27 de novembro ao 13 de decembro.
Centro de interese con obras de Miguel Hernández na segunda planta da Biblioteca.Destinado a público xuvenil e adulto.



  • Aquí viviu o veciño de Valle-Inclán”, a cargo de Polo Correo do Vento. 1 de decembro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo.
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


  • Un Nadal de cine”. Centro de interere na sala infantil. Do 15 de decembro ao 10 de xaneiro.
Centro de interese con libros, películas e música de Nadal. Na sala infantil para público infantil.


  • Botemos unhas risas. Centro de interese na segunda planta. Do 18 de decembro ao 16 de xaneiro.
Como di Doris Lessing: " A risa é, por definición, saudable". E como dende a biblioteca concordamos con ela, seleccionamos unha chea de películas de humor que nos farán rir, sorrir e, de seguro, pasar un bo rato.


  • O homiño de mazapán e outros contos de Nadal, a cargo de Bea Campos (Migallas). 15 de decembro, venres: Sesión de contos.
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo



  • Maxia no Nadal”, a cargo da maga Leo Leíño. 27 de decembro, mércores: Espectáculo de maxia

Especial Nadal

Público destinatario: Público familiar

Lugar: Salón de actos

Hora: 18:30

Entrada de balde, ata completar 


 

luns, 13 de novembro de 2017

Unha biblioteca con moito espazo



Co gallo do mes da ciencia en galego nas bibliotecas, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola ten na sala infantil da biblioteca unha selección de libros sobre o espazo que seguro que fan as delicias dos máis intrépidos lectores.








Mulleres con ciencia

Mostra bibliográfica na Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

 


A muller está na ciencia dende sempre, dende sempre fixo aportacións ao avance científico, e dende sempre participa na construcción do pensamento científico, grazas aos seus innumerables achados.

Co gallo do mes da Ciencia, dende a Biblioteca Pública de Pontevedra, queremos facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres da Ciencia, que a pesares dos atrancos e do menosprezo que tiveron que sofrer nunha época determinada, lograron dar a coñecer o froito do seu esforzo.

GRAZAS A TODAS.







Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...