Amosando publicacións coa etiqueta conmemoraciones. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conmemoraciones. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de outubro de 2015

ACTOS CONMEMORATIVOS PARA O DÍA DAS BIBLITOECAS



*Centro de Interese “Os ratos e os seus amigos celebran o día das bibliotecas”  na sala infantil do 19 ao 31 de outubro,  cunha interesante selección de títulos  de literatura infantil relacionados con el libro, a lectura e as bibliotecas.
  • Presidenta: Pilar Fernández (Directora da biblioteca)
  • Vogais: -Patricias Saavedra (Coordinadora do club de lectura en galego)


*Xoves 22 de outubro. camerata Arven. Concerto

O vindeiro Xoves, 22 de outubro, as 20:30 horas, dentro dos actos conmemorativos do día das biblitecas, a Biblitoeca Pública de Pontevedra acolle no seu salón de actos o concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra acargo da Camerata Arven, un conxunto de recente creación nacido en Galicia formado por músicos profesionais con experiencia no mundo da interpretación e a docencia, e aos que lles une ante todo a súa paixón pola música de cámara e a ilusión por achegala a todos os públicos.


Para esta ocasión, a Camerata Arvén vai ofrecer na Sociedade Filarmónica de Pontevedra dúas das grandes obras compostas para conxunto de corda e vento, o Noneto en Fa maior op. 31, de Louis Spohr, e o Octeto de Fa maior D 803, de Franz Schubert.


*Venres 23 de outubro. Así funciona a sala infantil: xornada de portas abertas

Sesión informativa para pais, nais ... sobre o funcionamento da sala infantil, fondos, normas de uso, actividades. Público familiar

*Venres 23 de outubro contacontos "O Coelliño branco" a cargo de Trinke teatro. 
As 18:00 h. na sala Infantil da Biblioteca. Nenos a partir de 3 anos. Entrada de balde ata completar aforo

*Sábado 24 de outubro regalaranse marcapáxinas conmemorativos do Día da Biblioteca.

*Sábado 24 de outubro*Resolución e entrega de premios dos traballos presentados dende o 10 de setembro ata o 10 de outubro al II Concurso de Relato Breve convocado pola Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola".

Tema do concurso: O mundo do libro en todas as súas vertentes.

Premios:
·         1º premio: lote de libros.
·         2º premio: lote de libros.  
·         3º premio: lote de libros.
A resolución do xurado farase pública , día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.

Xurado:
                -Santiago Eizaguirre (Coordinador do club de lectura en castelán).

·         Secretario: Elena Torres Iglesias (usuari@ da biblioteca).

domingo, 19 de outubro de 2014

24 de outubro 2014, Día das Bibliotecas. BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA “Antonio Odriozola”. Actividades

*Venres 24 de outubro. Contacontos: “Contos nas orellas” a cargo de Bea Campos. Especial Día das Bibliotecas.

Data: 18:00
Lugar: sala infantil
Nen@s a partira de 3 anos
Data: 18:00
Lugar: sala infantil
Nen@s a partira de 3 anos
Entrada libre ata completar aforo


*Venres  24 de outubro regalaranse marcapáxinas conmemorativos do Día da Biblioteca.

*Centro de Interese “Érase una vez la Biblioteca”  na sala infantil do 20 ao 31 de outubro,  cunha interesante selección de títulos  de literatura infantil relacionados con el libro, a lectura e as bibliotecas (Un león de Biblioteca, Biblioburro, ¡Es un libro!, Matilda, la saga Harry Potter…).

*Resolución e entrega de premios dos traballos presentados dende o 1 de setembro ata o 4 de outubro al I Concurso de Relato Breve convocado pola Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola".

Tema do concurso: O mundo do libro en todas as súas vertentes.

Premios:
·         1º premio: lote de libros.
·         2º premio: lote de libros.  
·         3º premio: lote de libros.
A resolución do xurado farase pública o mércores 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.

Xurado:
  • Presidenta: Pilar Fernández (Directora da biblioteca)
  • Vogais: -Silvia Freiría Correa (Técnico de biblioteca)
                   -Santiago Eizaguirre (Coordinador do club de lectura en castelán).
·         Secretario: Elena Torres Iglesisas (usuari@ de honra  da biblioteca).

*Venres 24 de outubro, xornada de portas abertas.


martes, 22 de abril de 2014

Día do Libro na Biblioteca Pública de Pontevedra


-Hoxe 23 de abril se acodes á biblioteca e levas un libro en préstamo recibirás unha pequena sorpresa, flores e marcapáxinas para celebrar o día do libro.




- 25 de abril, venres: Espectáculo “Catalina Lino Lina”, a cargo de GlupGlup Teatro (Especial “Día Internacional do Libro”, 23 de abril)

Sinopse: Unha peza teatral enfocada a transmitir ao público familiar (nen@s de entre 3 e 12 años) a paixón polos libros. Catalina Lino Lina, farta de agardar que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras
Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:30
Lugar: Salón de actos
Entrada de balde, ata completar aforo




- 25 de abril: "¿Debo contarle contos o meu fillo? Cales?", conferencia a cargo de Marié de Uña( Psicóloga Psicoterapeuta). Sala de obradoiros as 19:00 h. Para para país, educadores...




-E o sábado 26 de abril  rematamos as celebracións do Día do Libro seguindo traballar cos  contos no obradoiro "Descubre o tesouro dos contos" 

Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do río e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os  contos  das leiras e  montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...

Se tés entre 6 a 9 anos, embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril  o 2º e  4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.

Datas: 2º e 4º sábado de febreiro a abril

Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra as 12:00 h

sábado, 25 de xaneiro de 2014

Día da ilustración na Rede de Bibliotecas de Galicia. 30 de Xaneiro.

30 de xaneiro. Obradoiros e actividais creativas nas bibliotecas nodais.


Obradoiros, actividades para estimular a creatividade e a imaxinación, mostras bibliográficas e espazos para a reflexión e a conversa. A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, propón diversas actividades dirixidas a todos os públicos e de balde para promover a celebración, por vez primeira, do Día da Ilustración en Galicia.

As bibliotecas nodais das catro provincias, situadas en Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, e a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, serán o escenario desta programación, que conta co apoio da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

A Xunta de Galicia crea esta data o 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración. 

Biblioteca Pública de A Coruña

Obradoiro de ilustración con Xosé Tomás
Sádado 1 de febreiro
Hora: 11.30 a 13.00 h
Público: de 12 a 18 anos
Prazas: 20
Inscrición previa en rbgalicia.xunta.es ou na biblioteca
O ilustrador, premio Frei Martín Sarmiento 2013 á mellor obra infantil, descubriralles aos rapaces e rapazas o proceso creativo das imaxes que interactúan coas palabras. As técnicas de composición, o proceso de elaboración dun álbum, a creación de personaxes e a ilustración de microrrelatos, poesía e haikus serán algúns dos segredos que compartirá Xosé Tomás no obradoiro que ofrecerá na biblioteca González Garcés.

Biblioteca Pública de Ourense

Obradoiro de ilustración e actividades creativas
Xoves 30 de xaneiro
Hora: 16.30 a 18.30 h
Público: a partir de 12 anos
Ao cargo do Colectivo Miñoco
O colectivo de ilustradores Miñoco estimulará a creatividade das persoas que se acheguen á biblioteca de Ourense a través de diversas iniciativas. Para promover a creatividade conxunta, organizará a actividade Cadáver exquisito, na que todos os que se animen poderán deixar a súa pegada artística nun papel continuo ao iren completando un debuxo inicial.
A imaxinación será o principal ingrediente doutra das actividades que propón o colectivo para a celebración do Día da Ilustración, na que os participantes deberán debuxar, nun tempo breve, unha imaxe que sintetice dous conceptos elixidos ao azar entre as propostas realizadas polo público. 3

Biblioteca Pública de Santiago de Compostela

Construción dun mural colectivo
Lugar: Biblioteca Pública Ánxel Casal
Xoves 30 de xaneiro
Hora: 18.30 h
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 10
Inscrición previa en rbgalicia.xunta.es e presentación 10 min. antes do inicio
A través do programa de Voluntariado Cultural, a biblioteca nodal de Santiago de Compostela propón un obradoiro dun mural colectivo para achegar os nenos e nenas á ilustración. Castelao, Colmeiro e Seoane serán os protagonistas desta actividade, que tamén xirará arredor da figura do editor Ánxel Casal.

Obradoiro de técnicas de gravado e estampación
Lugar: Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura (Aula 2)
Sábado 1 de febreiro
Hora: 12.00 a 14.00 h
Público: a partir de 12 anos
Ao cargo de Marita Crespo
Prazas: 10
Inscrición previa en cidadedacultura.org
A Biblioteca de Galicia programa un obradoiro creativo para viaxar ata o mundo do gravado e da estampación, no que os participantes poderán coñecer de primeira man a técnica do gravado en oco, a máis directa de todas as técnicas calcográficas, así como as técnicas aditivas, nas cales a imaxe da estampa se crea a partir da adición de materiais sólidos a un soporte ríxido.

Biblioteca Pública de Pontevedra

Obradoiro “Era unha vez... a ilustración”
Xoves 30 de xaneiro
Hora: 12 a 13 h
Público: estudantes de 1º de primaria do CEIP A Laxe 4
Ao cargo de Patricia Rodríguez Saavedra (IMASV)
Desde as primeiras miniaturas dos manuscritos ilustrados ata os audiolibros e as técnicas máis novidosas. Esta é a viaxe que realizarán a través da evolución da ilustración os nenos e nenas que participen neste obradoiro da biblioteca pontevedresa Antonio Odriozola.

Faladoiro “A ilustración gráfica hoxe en Galicia”
Con Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía
Modera: Henrique Torreiro
Xoves 30 de xaneiro
Hora: 18.30 h
Para todos os públicos
De forma distendida e achegada ao público xeral, o faladoiro centrarase no traballo dos profesionais da ilustración, nos retos aos que se enfrontan na actualidade e nas perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular.
Henrique Torreiro modera este faladoiro, no que participarán en diálogo os ilustradores Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.

Marina Seoane (Madrid, 1957). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Madrid, ten colaborado con máis de corenta editoriais, estudios de deseño e organismos oficiais. Ten ilustrado arredor de douscentos cincuenta libros e é autora de cinco contos. Varios dos seus libros obtiveron premios e mencións, como do Ministerio de Cultura, da Lista de Honra do CCEI ou da White Ravens. Autora de varios carteis de animación á lectura, realizou once exposicións individuais e participou en numerosas colectivas. Foi directora artística da editorial Edimáter. Actualmente é a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). 

Almudena Aparicio (Vigo, 1978). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ten traballado desde 2004 como ilustradora de libros de texto, didácticos e de literatura infantil. É, ademais, coautora do manual Técnicas de paquetería. Guía práctica para hacer más atractivos sus embalajes (Ideaspropias, 2005). O ano pasado gañou o Plum Pudding Award, convocado pola axencia de ilustradores británica Plum Pudding e a editorial Egmont, no IlustraTour 2013 (Valladolid).

Manuel Uhía (Portonovo, 1944). Estudou pintura na Real Academia de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Como ilustrador, foi seleccionado en tres ocasións na Bienal de Bratislava (1993, 1995 e 1999). En 1997 formou parte da lista de honra do Premio CCEI. No 2000 foi seleccionado polo Ministerio de Cultura para a exposición A todo color. En 2009, obtivo a distinción White Ravens polo libro Cactus del desierto, escrito por Roberto Aliaga.

Henrique Torreiro (Ourense, 1972). Organizador das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense entre 1992 e 2010, é socio fundador de varias empresas de xestión cultural e editorial. Foi xerente da FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e coordinador do Observatorio da Ilustración Gráfica. Na actualidade é secretario técnico da AGPI.

Obradoiro de ilustración con Óscar Villán
Venres 31 de xaneiro
Hora: 18.30 h a 19.30 h
Público: de 8 a 12 anos
Prazas: 20
Inscrición previa en biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 850 838 ou na biblioteca, de 9 a 14 horas
Os rapaces e rapazas terán a oportunidade de descubrir a profesión de ilustrador a través da obra de Óscar Villán, quen tamén compartirá con eles o traballo de distintos ilustradores e ilustradoras con proxectos diverxentes. 

Biblioteca Central de Vigo

Mostra “Vida e obra dos ilustradores en Vigo"
Do 30 de xaneiro ao 7 de febreiro
Para todos os públicos
As mostras bibliográficas tampouco faltarán na celebración deste data. A biblioteca nodal de Vigo fará un percorrido pola ilustración na actualidade a través dunha mostra composta por obras dalgúns dos máis importantes ilustradores vigueses contemporáneos. Pepe Carreiro, Luis Castro Enjamio, Anxo Fariña, Alejandro Viñuela e David Amoedo son algúns dos artistas que estarán presentes nesta mostra.

Obradoiro “As receitas da ilustradora”
Xoves 30 de xaneiro
Hora: 18.00 a 19.15 h
Público: a partir de 6 anos
Para 20 participantes
Ao cargo de Marisa Irimia
Inscrición en bibli.central.vigo@xunta.es ou na biblioteca
Marisa Irimia guisará nesta sesión diferentes receitas, trucos e segredos arredor dos debuxos e dos contos. Trátase dunha viaxe a través dos libros, coas ilustracións como protagonistas, para aprender as claves da ilustración e gozar poñéndoas en práctica.

Biblioteca Pública de Lugo

Obradoiro de ilustración con Xosé Tomás
Venres 31 de xaneiro
Hora: 18:30 a 20.30 h
Público: de 6 a 10 anos
Prazas: 25 persoas
Inscrición previa en rbgalicia.xunta.es
Xosé Tomás compartirá cos máis novos a súa paixón pola ilustración e amosaralles algunhas das técnicas e pasos principais do proceso creativo arredor do álbum. 

E ademais... 

Conversa con Miguelanxo Prado
Museo de Belas Artes da Coruña
Venres 7 de febreiro
Hora: 20.00 h
Todos os públicos
A programación de actividades rematará no Museo de Belas Artes da Coruña cunha conversa con Miguelanxo Prado, autor do cartel conmemorativo do Día da Ilustración 2014. O gañador do Premio Nacional de Cómic 2013 polo traballo Ardalén falará da súa obra e da situación actual da ilustración, nun coloquio no que o público poderá coñecer de preto o universo creativo do artista. 

sábado, 11 de xaneiro de 2014

11 de xaneiro, "Día dos usuarios das Bibliotecas"

Con motivo do Día do Usuario o sábado 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública de Pontevedra convida a todos os seus lectores a participar nas actividades conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia:
• Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores que se acheguen á Biblioteca Pública de Pontevedra a celebrar esta conmemoración:
- Adultos: ata 15 obras en total para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables.
- Nenos: ata 15 obras en total para escoller entre10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables.
Todos os usuarios poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.
• Nomeamento de tres superlectores adultos e tres superlectores infantís.
Serán os nosos "Socios de honra" para o ano 2014. Estes usuarios foron os que máis documentos levaron en préstamo no ano 2013; algúns deles mesmo, non se atrasaron nin un só día nas súas devolucións. Parabén!.
• Visita guiada a Biblioteca as 11:30 h. se queredes  saber máis sobre os seus servizos e as súas  coleccións.


... E se empregades o servizo de préstamo poderedes atopar algúnha sorpresa.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...