Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca pública. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca pública. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de maio de 2020

" Estas vacacións..."

" Estas vacacións…"

Seguramente estas dúas palabras, xunto con coronavirus e confinamento, son dúas das máis pronunciadas estes días de corentena. “Estas vacacións non sairemos….”; “ Estas vacacións quedarémonos por Galicia….”; “Estas vacacións non sei onde iremos...”; “Estas vacacións faremos turismo nacional...”…. e moitas outras.

A situación de excepcionalidade na que nos atopamos, fai que non nos apeteza facer plans a largo prazo. A incerteza, o non saber que pasará, crea en moitos casos desánimo e falta de interese ante un período tan ansiado como son as vacacións.

Desde a Biblioteca de Pontevedra queremos propoñer algúns destinos que poidan resultar de interese, senon para este ano raro, para outras vacacións, noutros momentos mellores, que seguro chegarán.

Ánimo!!!



1.-Galicia...enteira.

Galicia megalítica, Galicia artística e monumental, Galicia de sol e praia, Galicia de turismo activo… e moito máis.








2.- Urdaibai. (Biscaia)

Declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO no 1984. Praias, bosques, marismas, cantís, … natureza en estado puro.







3.- Merindades.(Burgos)

Pobos medievais, fervenzas e moita natureza.






4.- A Alcarria (Guadalaxara).


Esta comarca inmortalizada por Camilo José Cela, ofrece amplos e variados espazos naturais: páramos, campiñas, cerros,...





5.- Ruta polos Pobos Brancos.(Andalucía)

Un espectáculo visual no que ese une a cor do ceo azul, o amarelo do sol, o verde das serras e o branco encalado das fachadas das súas casas.





        Estes son só algúns exemplos de viaxes.
       Axudádenos a completar a lista.!!
       Enviade as vosas propostas de destinos a:


   .- Correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal







xoves, 7 de febreiro de 2019

Actividades infantís de febreiro



  • 1 de febreiro: Sesión de contos “Os contos da tía Valisneria”, a cargo de Pavís Pavós


Para crianzas, a partir de 4 anos. Na sala de obradoiros ás 18.00 h.

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 8 de febreiro, venres: Sesión de contos: Contos para contar e soñar, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

Para crianzas, a partir de 3 anos. Na sala de obradoiros ás 18.00 h.

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 15 de febreiro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: O poeta do Miño ”, a cargo de Polo Correo do Vento 
     
Para crianzas, a partir de 3 anos. Na sala de obradoiros ás 18.00 h.

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 22 de febreiro, venres, e 23 de febreiro, sábado: Obradoiros de entroido, a cargo Anias

    • Unha maquillaxe de conto: Contacontos e obradoiro de maquillaxe 
      •  Venres 22 de febreiro de18:00 a 19:30
      • Nenos e nenas de 4 a 7 anos (20 prazas)


    • Un Entroido de medo: Obradoiro de caracterización e efectos especiais.
    - Sábado 23 de febreiro de 11:00 a 13:00
    - Nenos e nenas de 8 a 12 anos (16 prazas) 
     
Inscrición previa a partir do luns, 11 de febreiro, na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50) en horario de 9 a 20:30 h.
Entrada de balde

martes, 9 de outubro de 2018

Conversacións sobre WordPress (e sobre a WordCamp)


Que acción única crees que podería mellorar o SEO da miña web en WordPress?

Como vai afectar o novo editor Gutenberg a WooCommerce?

Cambiou moito o email márketing tras a entrada en vigor do RGPD?

Que crees que funcionou mellor na PonteWordCamp?

Vai haber unha nova edición en 2019?

Estas preguntas, moitas máis, e as que a vós ocórranllevos serán parte desta primeira edición de "Conversacións sobre WordPress" nas que gozaremos de case dúas horas de charla cuns invitados moi especiais. Esta vez acompañaranos o equipo organizador da PonteWordCamp e conversaremos non só sobre WordPress, senón tamén sobre o evento que reuniu case 200 persoas o 22 de setembro en Pontevedra.

Non queremos que as conversacións se volvan unha consultoría privada, polo que non se responderán en profundidade temas moi específicos de proxectos, pero si vos animamos a todos a levar as vosas preguntas e inquietudes, sexa cal for o voso nivel.

Desde o convenme utilizar WordPress antes que outra plataforma? ao Podédesme explicar como conectar Mailchimp coa miña web? pasando por Gutenberg ou os shortcodes.

Tamén aproveitaremos para preguntar desde a organización da meetup que charlas gustaríavos ter/escoitar esta terceira tempada de meetups? Tomaremos nota das vosas peticións de temas ou persoas e tentaremos satisfacer a cuantos máis mellor. Por todo isto, non o perdas! 

Esperámoscte o venres 19 a partir das 18:30 na Biblioteca de Pontevedra, e a partir das 20:45 no noso clásico networking- picoteo do Dobre M, un bar próximo.


WordPress é un sistema de xestión de contido orientado inicialmente á creación de bitácoras, ou blogues/blogs, (sitios web actualizados periodicamente e con orde cronolóxica descendente). Está estruturado en PHP, usa como xestor de base de datos MySQL, baixo licenza GPL, e foi fundado por Matt Mullenweg.

A comunidade local de WordPress Pontevedra é un grupo de persoas da cidade e os seus arredores que se reúne cada mes para aprender e compartir coñecementos de todo tipo e de todos os niveis, axudando e ensinando os uns aos outros sobre WordPress. Xa sexamos bloggers, desarrolladores, deseñadores, estudantes, consultores, donos de negocios, tendas online ou calquera outro perfil, reunímonos para falar sobre WordPress e o que nos pode achegar.

xoves, 19 de abril de 2018

O mundo de Andersen

Exposición e centro de interese organizados con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra cada ano o 2 de abril, xusto o día no que en 1805 nacía en Odense o escritor Hans Christian Andersen.

Abril de 2018.












 

Programación especial Día do Libro. 23 de abril



  • 20 de abril, venres: Sesión de contos Ven a conto”, a cargo de Raquel Queizás

Especial Día do Libro, 23 de abril”

Sinopse: O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa almorza galletas sen présa, mentras lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o medidor de insulina para ir ao cole axiña . Pedro quedou  durmido co libro pegado ao couquizo…
Comeza o día en vila Conto. Os paxaros libro cantan: “Había unha vez”.
Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores…
Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques para nenos e nenas a partir de tres anos e familias.

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


  • Centro de interese “4 en 42: O Cervantes tamén ten nome de muller”
    Do 17 ao 30 de abril, na sala de préstamo

  • Centro de interese “Nun lugar da Mancha...O teu primeiro Quixote”
    Do 23 ao 30 de abril na sala infantil



  • Con cada préstamo un marcapáxinas de regalo

martes, 3 de abril de 2018

Actividades infantís de abril



  • 6 de abril, venres: Sesión de contos: A princesa e o chícharo e outros contos, a cargo de Bea Campos (Migallas) 



     
Especial Día do Libro Infantil, 2 de abril”

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


  • 13 de abril, venres: Sesión de contos Venres 13: Que medo!”, a cargo de Pavís Pavós


Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 20 de abril, venres: Sesión de contos Ven a conto”, a cargo de Raquel Queizás

     

Especial Día do Libro, 23 de abril”
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo

  • 27 de abril, venres: Sesión de contos: Xogos e contos: aprendendo inglés”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

     

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo




martes, 30 de xaneiro de 2018

Un mundo de ilustracións

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Camilo Díaz Baliño.

Na sala infantil, este ano queremos celebralo cos máis cativos, cunha maravillosa selección de álbumes ilustrados con premios ou de formato grande. Así naceu este centro de interese: "Un mundo de ilustracións".





 

venres, 1 de setembro de 2017

IV Certame de Relato Curto







A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o cuarto certame de relato curto, que ten por obxectivo o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Poderán presentar os seus traballos todas as persoas maiores de 16 anos e o tema será libre. O único requisito é que estea contextualizado na Galicia rural.

Cada participante presentará un único relato, que deberá ser orixinal e inédito. O idioma elixido pode ser o galego ou o castelán.

A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e entreliñado 1,5.  

O prazo de inscrición no certame vai dende o día 1 de setembro ata o 10 de outubro de 2017. 

Os premios son:
1º premio: Vale de compra por valor de 120 euros na librería Cronopios .
2º premio: Vale de compra por valor de 60 euros na librería Cronopios.
3º premio: Vale de compra por valor de 30 euros na librería Cronopios.
Ademais os tres traballos serán difundidos pola Biblioteca.

Para máis información poden consultar as bases na propia biblioteca ou no seguinte enlace de Calameo:
                                        

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...