Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca quitapenas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca quitapenas. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de decembro de 2014

“Libros solidarios-Libros por sorrisos” CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE LIBROS

A Biblioteca Pública de Pontevedra na súa Sala Infantil inicia o martes  de decembro unha campaña solidaria de recollida de libros para conseguir o sorriso dun neno e que rematará o venres 2 xaneiro de 2015

As persoas que desexen participar poden depositar os seus libros de lectura, para nenos de 0 a 14 anos, novos ou de segunda man en perfecto estado na sala infantil da biblioteca, beneficiándose deste xeito coa anulación das sancións que contempla o noso regulamento, polos atrasos na devolución de libros e demais materiais.


O Nadal é tempo de compartir e se compartes un libro compartiras sorrisos. Participa nesta campaña e nós faremos chegar os teus libros a outros nenos
 a través de  Caritas Interparroquial

“Libros solidarios-Libros por alimentos” CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Este ano novamente a Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola” convértese en biblioteca solidaria e súmase ao proxecto "Biblioteca quitapenas" e dende o martes 2 de decembro de 2014 ao venres 2 de xaneiro de 2015 “quitámosche as penas, e ti quítasllelas a outros". Farémolo coa posta en marcha da campaña solidaria: “Recollida de alimentos" cambiando as sancións que contempla o noso regulamento, polos atrasos na devolución de libros e demais materiais, por produtos de primeira necesidade (alimentos non perecedoiros) que irán destinados ao Banco de Alimentos de Vigo que abastece a  toda a Provincia de Pontevedra.

Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario, polo que invitamos a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da Biblioteca a sumarse a esta iniciativa, entregando tamén produtos de primeira necesidade xunto aos seus libros, DVs, Cds, etc.

A ONG Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra recollerá periodicamente os alimentos para a súa distribución entre os sectores de poboación máis afectados.

Con esta iniciativa a Biblioteca Pública de Pontevedra ao igual que outras moitas bibliotecas que apoian a iniciativa da Biblioteca Rexional de Murcia dende 2012 pretende facer unha chamada á solidariedade aos seus usuarios.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...