venres, 29 de marzo de 2019

Actividades infantís de abril




Contos animados de Andersen, 
 a cargo de Expresión Contacontos 


Especial Día Internacional do Día do Libro Infantil, 2 de abril

Público destinatario: Público infantil, a partir de 3 anos
  Sala de obradoiros
Venres 5 de abril ás 18:00 h
Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala.



Cantamos un conto
a cargo de Luis Vallecillo 


Público destinatario: Público familiar 
Venres 12 de abril ás 18.30 h
 No salón de actos da Biblioteca
Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala

 





Contos para bebés Cambio e conto, 
 a cargo de Raquel Queizás 


Especial Día do Libro, 23 de abril

Sinopse: Nano  está moi feliz, naceu a súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela. Pero ao chegar a noite Nano non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa como sexa.
Público destinatario: Bebés (0-4 anos). 
 
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 22 de abril, luns, por teléfono 886 159 250 ou na biblioteca, na planta baixa (Información), de 9 a 20:30 h.
As invitacións recolleranse na planta baixa (Información)
25 bebés (+ 1 adulto por bebé) 

 
Venres 26 de abril ás 18:00 h
Sala de obradoiros
Entrada de balde

xoves, 28 de marzo de 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Rosalía de Castro, 1963



Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.

A súa nai foi María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, de familia fidalga vinda a menos e o seu pai, don José Martínez Viojo, que era sacerdote e non a puido recoñecer como filla.

As tías paternas de Rosalía e a súa nai ocupáronse dela os primeiros anos. Na súa obra veremos o moito que a marcou a súa historia familiar e o feito de nacer filla de nai solteira fidalga.

Estudou algo de francés, debuxo e música e era aficionda ó teatro.

En 1956 viaxa a Madrid á casa duns familiares. Publica o seu primeiro libro “La flor”, que é recibido ben pola crítica e ten boas opinións de Manuel Murguía.

En 1858 casou con Manuel Martínez Murguía e tivo sete fillos: Alenjandra, Aura, os xemelgos Gala e Ovidio, Amara e Adriano). Polo traballo do marido, viviron en diferenetes puntos da xeografía española, ata que en 1871 se trasladaron á Coruña e máis tarde a Santiago. Durante todo este tempo rosalía continuou coa escritura. Nestes anos publicou, entre otros: “A mi madre”, “Cantares gallegos”, “Contos da miña terra”, “Follas Novas” e “En las orillas del Sar”.

Cunha saúde fráxil, Rosalía voltaba á súa casa de Padrón para coidarse. Alí faleceu en 1885 con só 48 anos.

Os seus manuscritos inéditos foron queimados por petición expresa da escritora, o mesmo que a súa correspondencia.



Historia do Día das Letras Galegas




No ano 1963 tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- propuxeron nesta institución que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas".

A data elixida FOI o 17 de maio, xa que xusto naquel ano celebrábase o centenario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Propúñase o día 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, e por ser nese día cando Rosalía de Castro llo dedicou á tamén poeta Fernán Caballero.

A iniciativa tivo moi boa acollida, publicouse unha edición crítica de Cantares Gallegos realizada por Bouza Brey.

Desde aquel ano celebramos este día anualmente e llo dedicamos a escritores galegos e, desde 1991 o Día das Letras Galegas é unha festividade oficial en Galicia.

Os académicos da Real Academia Galega son os encargados de decidir o escritor ou escritora premiado. Debe ser un autor ou autora cunha obra relevante en lingua galega e deben ter transcorridos dez anos dende a súa morte.

Dos 57 homenaxeados, contando a Antón Fraguas, só 4 foron mulleres.












venres, 22 de marzo de 2019

Conta atrás das Letras Galegas 2019



Este ano 2019 o Días das Letras Galegas está dedicado a Antón Fraguas, pero houbo 56 escritores e escritoras ós que se lles dedicou este día en anos anteriores.

Canto sabemos deles?

Na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola imos ir sacando información de todos estes escritores e escritoras desde hoxe e ata finais de maio. Xuntos imos coñecer e darlle se cabe aínda máis recoñecemento a escritores como Rosalía de Castro, Lois Pereiro, Ánxel Fole, Celso Emilio Ferreiro...




mércores, 20 de marzo de 2019

Stop Motion

A pasada fin de semana tivemos na Biblioteca o segundo obradoiro de Stop Motion e as rapazas e rapaces que asistiron pasárono en grande. En breve teremos os videos que resultaron do seu traballo, pero mentres podedes ver algunhas fotografías da sesión:









luns, 11 de marzo de 2019

Xornadas de autoprotección feminina




Dirixidas a mulleres e adolescentes que queiran aprender coñecementos básicos para a súa protección e autodefensa.

Impartidas por Bernardo López:
Presidente de la Asociación Española de Defensa Personal y Policial
Delegado de Krav Kick Combat de la Federación Gallega de Kicboxing

Inscrición previa e de balde, a partir do 13 de marzo na Biblioteca Pública en horario de 9 a 20:30h no Telf.: 886 159 250

Datas das Xornadas:
Os sábados 23, 30 de marzo e o 6 de abril en horario de 11 a 13:00h.


Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 

Concurso Selfie LIX Día Internacional






Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, convoca o concurso Selfie LIX Día Internacional.

Os lectores e lectoras de Primaria e Primeiro ciclo de Secundaria que o desexen poden participar desde a biblioteca e a través da sección da OEPLI, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), ata o 30 de marzo.

É preciso que todas/os participantes cubran a ficha de participación no concurso.

Consulta as bases e anímate a participar!


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...