domingo, 31 de maio de 2020

Apertura do préstamo interbibliotecario




A partir do luns 1 de xuño abrimos o préstamo interbibliotecario, que da a posibilidade de solicitar

 documentos que non estén na nosa biblioteca pero si noutras bibliotecas públicas como son:

  • Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés
  • Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
  • Biblioteca Pública de Lugo
  • Biblioteca Pública de Ourense
  • Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
  • Biblioteca Municipal de Ferrol
Localiza o título que che interese no catálogo da rede e solicítao do mesmo xeito que os demáis préstamos: 

  1. A través do formulario que está na web: formulario de préstamo as 24 horas de luns a domingo.
  2. Por teléfono:
    1. Nos teléfonos 886 159 812 e  886 159 814.
    2. De luns a venres de 10.00 a 13.00 h. e de 16.00 a 19.00 h.
  • Cando o teu material estea listo poñerémonos en contacto contigo e darémosche unha cita para recollelo



sábado, 23 de maio de 2020

A seguridade na Biblioteca




A seguridade na Biblioteca é o máis importante neste momento:

🧩O uso de mascarilla 😷 é obrigatorio ao non poder garantir a distancia mínima de seguridade.

🧩Temos xel hidroalcohólico🧴á entrada da Biblioteca.

🧩Habilitamos zonas diferentes para devolver e levar prestados libros (lembra que o préstamo faise con cita previa).

🧩Os libros que nos devolvedes pasan unha corentena 🗓 de 14 días antes de volver a estar dispoñibles no catálogo.

🧩Deberase acudir á Biblioteca de un en un, salvo os menores de 14 anos que deberán vir acompañados.

🧩Incrementamos a atención on line 📧 e telefónica 📞 co fin de facilitar os servizos que imos recuperando.



#aculturasegue #quedanacasa #bibliotecapúblicadepontevedra 

mércores, 20 de maio de 2020

" Estas vacacións..."

" Estas vacacións…"

Seguramente estas dúas palabras, xunto con coronavirus e confinamento, son dúas das máis pronunciadas estes días de corentena. “Estas vacacións non sairemos….”; “ Estas vacacións quedarémonos por Galicia….”; “Estas vacacións non sei onde iremos...”; “Estas vacacións faremos turismo nacional...”…. e moitas outras.

A situación de excepcionalidade na que nos atopamos, fai que non nos apeteza facer plans a largo prazo. A incerteza, o non saber que pasará, crea en moitos casos desánimo e falta de interese ante un período tan ansiado como son as vacacións.

Desde a Biblioteca de Pontevedra queremos propoñer algúns destinos que poidan resultar de interese, senon para este ano raro, para outras vacacións, noutros momentos mellores, que seguro chegarán.

Ánimo!!!



1.-Galicia...enteira.

Galicia megalítica, Galicia artística e monumental, Galicia de sol e praia, Galicia de turismo activo… e moito máis.








2.- Urdaibai. (Biscaia)

Declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO no 1984. Praias, bosques, marismas, cantís, … natureza en estado puro.







3.- Merindades.(Burgos)

Pobos medievais, fervenzas e moita natureza.






4.- A Alcarria (Guadalaxara).


Esta comarca inmortalizada por Camilo José Cela, ofrece amplos e variados espazos naturais: páramos, campiñas, cerros,...





5.- Ruta polos Pobos Brancos.(Andalucía)

Un espectáculo visual no que ese une a cor do ceo azul, o amarelo do sol, o verde das serras e o branco encalado das fachadas das súas casas.





        Estes son só algúns exemplos de viaxes.
       Axudádenos a completar a lista.!!
       Enviade as vosas propostas de destinos a:


   .- Correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal







luns, 18 de maio de 2020

Apertura dos servizos de préstamo e devolución



A Biblioteca abre desde este luns 18 de maio os servizos de préstamo e devolución, ademáis de que xa se poden facer o carnés para os novos usuarios.

  • Devolución:
    • ​​​​​​​Sen cita previa.
    • Podes devolver os materiais que tes na casa ata o 11 de xuño.
    • Na planta baixa da bilioteca tes un lugar reservado para isto.
    • Horario:
      • De luns a venres: de 9.00 a 14.00 h. e de 15.00 a 20.00 h.
      • Sábados: de 10.00 a 13.45 h.

  • Préstamo:
    • O servizo de préstamo funcionará mediante pedidos, que se farán:
      • A través do formulario que está na web: Formulario de préstamo as 24 horas de luns a domingo.
      • Por teléfono:
        • Nos teléfonos 886 159 812 e  886 159 814.
        • De luns a venres de 10.00 a 13.00 h. e de 16.00 a 19.00 h.
    • Cando o teu material esté listo porémonos en contacto contigo e darémosche unha cita para recollelo.

  • Novos carnés de usuario:
    • Para solicitar o carné envía un correo electrónico a biblio.publica.pontevedra@xunta.gal e porémonos en contacto contigo.

domingo, 17 de maio de 2020

Letras con moito ritmo





Para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, dende a Biblioteca Pública de Pontevedra queremos propoñer aos nenos e mozos da casa que nos mandedes un vídeo ou audio recitando un poema de Rosalía de Castro, primeira escritora homenaxeada na celebración do día das Letras Galegas no ano 1963.

Podedes facelo ao noso correo electrónico:

biblio.publica.pontevedra@xunta.gal







Ricardo Carballo Calero, Letras Galegas 2020



#aculturasegue
Con motivo do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Pública de Pontevedra elaborou unha presentación sobre o homenaxeado desde ano, Ricardo Carballo Calero.

Queres vela?
Accede á exposición virtual: Presentación Carballo Calero






Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...