mércores, 2 de decembro de 2020

Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas




A exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas” recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes.


A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez. 



venres, 27 de novembro de 2020

eBiblio estará temporalmente fóra de servizo




GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros electrónicos da comunidade galega, da acceso ao catálogo propio en galego e ao de eBiblio en castelán. 


Ata o 9 de decembro eBiblio estará ata o fóra de servizo, mais pode seguir lendo libros do catálogo en galego.




mércores, 25 de novembro de 2020

Aviso

 



Estamos a traballar para mellorar as nosas instalacións. Por iso, pechamos o segundo andar do 1 ao 7 de decembro.


O mostrador de préstamos estará eses días na sala infantil.


Os materiais do segundo andar non se poderán levar en préstamos mentres dure o peche.



luns, 23 de novembro de 2020

Reinventar o mundo



O obradoiro comeza co conto: "A viaxe dos pingüíns". Establécese un diálogo cos nenos e nenas sobre o que foi a pandemia da Covid 19, como o viviron, que sentiron e que cousas fixeron.

Despois faise unha actividade de creación plástica (con material de refugallo) e unha reflexión escrita.

Cos textos e imaxes resultantes realizaremos un libro álbum, que servirá de testemuña dun momento histórico, que agardamos non se repita, visto desde as perspectiva dos máis pequenos.

Idades de 6 a 11 anos.

Inscrición desde o martes 24 de novembro no teléfono 886
159 249 de 9.00 a 14.00 h.

Pódese escoller unha das seguintes sesións:

Xoves 3 de decembro: De 18.00 a 19.00 h.

Venres 4 de decembro: De 17.30 a 18.30 h.

Venres 4 de decembro: De 19.00 a 20.00 h.



martes, 17 de novembro de 2020

Novo formulario de préstamo interbibliotecario

 




Xa podes solicitar os teus préstamos intrabibliotecarios a través do novo formulario da páxina web



Préstamo entre bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (intrabibliotecario)


É o préstamo de materiais procedentes doutras bibliotecas da Rede. Estas son:

— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)

— Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

— Biblioteca Pública de Lugo

— Biblioteca Pública de Ourense

— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

— Biblioteca Municipal Central de Ferrol


 

Número de máximo de documentos

— Só se pode solicitar un documento. Se a obra está formada por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie, etc), poden solicitarse ata un máximo de tres documentos.

— Só se pode ter unha petición en curso deste tipo á vez, ata que se recibe un préstamo intrabibliotecario non se pode pedir outro.

— Só se pode ter prestado un documento procedente de préstamo intrabibliotecario á vez.

 

Prazo de recepción

— O prazo de recepción do material solicitado adoita ser inferior a unha semana.

 

Prazo de recollida

— Unha vez recibido, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa peticionaria para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento dispoñerá de sete días hábiles para facer a recollida.

— Se non retira o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo.



Obradoiro de creación de cinEmakis



O EMAKI é un teatro lumínico tradicional xaponés.

Neste obradoiro os nenos e as nenas crean historias, realizan unha maqueta física do seu emaki e personaxes con caixas de cartón, debuxos, collages... Representan o seu teatro e poden levar o seu cineEmaki a casa.

O venres 27 de novembro de 18.00 a 19.30 h na Biblioteca Pública de Pontevedra para rapazada a partir de 6 anos.

Inscrición previa adesde o 18 de novembro no teléfono 886 159 249 de 9.00 a 14.00 h.

 

venres, 13 de novembro de 2020

Aviso de peche por obras

 



Para facer melloras nas nosas instalacións temos que pechar as salas os seguintes días:

 

Mércores 18 e Xoves 19 de novembro pechamos a sala do segundo andar

Venres 20 e Luns 23 de novembro pechamos a sala do terceiro andar

Martes 24 e Mércores 25 de novembro pechamos a sala infantil

 

QUEDA SUSPENDIDO O SERVIZO DE PRÉSTAMO DOS MATERIAIS QUE SE ATOPAN NA SALA PECHADA

 

Grazas e desculpen as molestias



mércores, 11 de novembro de 2020

Entre libros e xabóns




Obradoiro de elaboración e recetario de xabóns o día 20 de novembro de 18.00 a 19.00 h na biblioteca Pública de Pontevedra para rapazada a partir de 8 anos.


Inscrición previa a partir do mércores 11 de novembro no teléfono 886 159 249, de 9.00 a 14.00 h.



martes, 10 de novembro de 2020

Pon a túa mellor cara: obradorio de selfies

 




“Pon a túa mellor cara: obradorio de selfies”, a cargo de Jorge Valenciano. 


Para público xuvenil (a partir de 16 anos) e adulto, na Biblioteca Pública de Pontevedra o día 19 de novembro de 17.30 a 20.00 h.


Con inscrición previa a partir do 10 de novembro, martes, no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.




Voces narrativas




Obradoiro VIRTUAL de escrita a cargo de Eva Mejuto

Dúas sesións para o mesmo grupo, os mércores 18 e 25 de novembro de 18.00 a 20.00 h.

Para adultos na Biblioteca Pública de Pontevedra

Con inscrición previa a partir do 10 de novembro, martes, no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.

Actividade do Xacobeo 2021


mércores, 4 de novembro de 2020

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 




Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas".


Durante todo o mes de novembro terán lugar obradoiros, contacontos, espectáculos, mostras bibliográficas e charlas nas bibliotecas galegas co denominador común da divulgación científica e o obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.


O manifesto para este ano 2020, baixo o título "O feitizo da ciencia", foi elaborado por Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico.


Máis información sobre actividades. 


Na Biblioteca Pública de Pontevedra podes atopar tanto na sala infantil como na de adultos unhas selecións de libros de ciencia e ao longo do mes contamos con actividades especiais que podes consultar na nosa páxina web.








martes, 3 de novembro de 2020

O xogo de Ender






Este obradoiro creativo terá lugar o 13 de novembro de 18.00 a 19.30 h para público xuvenil a partir de 12 anos.

Baseado na novela "O Xogo de Ender", neste obradoiro farase unha descrición do libro, da a súa mensaxe e do seu ambiente. Despois crearemos instrumentos electrónicos tipo alarma láser e marcadores lasertag para facer un xogo de estratexia. Tamén se poderán dar nocións de redes sociais, creación de perfís dos personaxes.

Con inscrición previa a partir do mércores 4 de novembro no teléfono 886 159 249 de 9.00 a 14.00 h.



luns, 2 de novembro de 2020

O que conta a cidade: roteiro literario pola boa vila




O que conta a cidade: roteiro literario pola boa vila, a cargo de Eva Mejuto

Dúas quedadas o 13 e 18 de novembro, venres e luns: un percorrido literario pola pegada da literatura infantil e xuvenil de Pontevedra.

Para adultos 

Con inscricións previa a partir do 2 de novembro, luns, no teléfono 886 159 249, en horario de 9.00 a 14.00 h.

Saída da entrada da biblioteca ás 19.00 h.e percorrido pola cidade de19.00 a 21.00 h. os días 13 e 18 de novembro.

Actividade do Xacobeo 2021


Aprazamos as devolucións!

 



O prazo de vencemento dos préstamos que tiñan que devolverse entre os días 30.10.2020 e o 07.11.2020 amplíanse ata o 09.11.2020.

Contactaremos por teléfono coas persoas con reservas confirmadas pendentes de recoller para coñecer poden facelo.




sábado, 31 de outubro de 2020

Obradoiro de estilo literario




Obradoiro de estilo literario co escritor Javier Peña, autor da novela "Infelices", creador, profesor e coordinador do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura e creador do Taller Casa Blackie de Novela.

Tres sesións virtuais os xoves 19 e 26 de novembro e o 3 de decembro das 19.00 ás 21.00 h.
Dirixido a maiores de 18 anos.
Inscrición previa desde o luns 2 de novembro ás 9.00 h. a través do formulario que podes atopar na páxina web da
bppontevedra
https://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/gl/inscricion-ao-obradoiro-de-estilo-literario



martes, 27 de outubro de 2020

Precine



Obradoiro creativo a cargo de Raquel Queizás para nenas e nenos a partir de 6 anos. Na Biblioteca Pública de Pontevedra o día 6 de novembro de 18.00 a 19.30h.


Queredes saber que artefactos foron os precursores do cine moderno? Acompañádeme e coñeceredes os inicios do cinema! As nenas e nenos de 6 anos en adiante realizarán os seus primeiros debuxos animados construíndo xoguetes ópticos


Inscrición previa desde o mércores 28 de outubro no teléfono 886 159 249 de 9.00 a 14.00 h.



venres, 23 de outubro de 2020

Celebra o Día das Bibliotecas cun conto de Gianni Rodari



 Este ano, para celebrara o Día das Bibliotecas, na sala infantil temos unha selección de libros de Gianni Rodari que podes levar en préstamo ata o 2 de novembro.

Neste ano 2020 conmemórase o nacemento de Gianni Rodari, escritor, pedagogo, periodista e un referente da literatura infantil e xuvenil.


mércores, 21 de outubro de 2020

Carvalho Calero "A voz presente"




"A voz presente" é unha exposición realizada pola AGAL  e a Xunta de Galicia que conta con Carlos Quiroga e José Luis Rodríguez (USC) como comisarios.

A mostra consta de varios paneis nos que, por unha banda, se expón a vida de Carvalho en relación aos acontecementos de cada época que viviu a través dunha liña de tempo e, doutra banda, úsanse textos do propio Carvalho para explicarse a si mesmo. Ricardo Carvalho Calero foi o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas de 2020.


Podes vela na Biblioteca Pública de Pontevedra desde o 20 de novembro ata o 2 de novembro, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h.

Entrada gratuíta




martes, 20 de outubro de 2020

Creación de Banda Deseñada



O venres 30 de outubro de 18.00 a 19.30 h na Biblioteca Pública de Pontevedra.


É posible crear unha banda deseñada nun día? Sempre que coñezas as técnicas necesarias si. Nesta master class aprenderemos as bases para crear unha banda deseñada, dende a xestación da primeira idea, pasando polos bosquexos, o deseño de personaxes, a composición de escenas, ata a chegada do mater ial a imprenta. Ademais, ver emos algunhas técnicas e consellos para chegar a máis público coas túas obras coa creación de web-cómic dixitais.


Para rapazada a partir de 12 anos e adultos


Inscrición previa desde o mércores 21 de outubro no teléfono 886 15 92 49 de 9.00 a 14.00 h.


Uso obrigatorio de máscara



luns, 19 de outubro de 2020

Iniciación á arte de contar contos



Este venres 23 de outubro ás 17.30 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra.


Obradoiro dirixido a educadores, pais e nais, docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.


Neste obradoiro, Bea Campos abordará a importancia da tradición oral, os álbums ilustrados e compartirá cos asistentes diferentes técnicas de expresión oral.


Inscripción previa desde hoxe 19 de outubro no teléfono 886 15 92 49 de 9:00 a 14:00 h.


Uso de máscara obrigatorio e prazas limitadas


martes, 13 de outubro de 2020

Contar un conto

 



Obradoiro para pais e nais que queiran facer un conto para os seus fillos, onde se traballarán as ilustracións, guións e narracións.


Na Biblioteca Pública de Pontevedra os días 19, 20 e 21 de outubro de 18.30 a 20.00 h.


Con inscrición previa a partir do mércores 14 de outubro no teléfono 886 159 249 de 9.00 a 14.00 h.


Uso obrigatorio de máscara e grupos reducidos

mércores, 7 de outubro de 2020

Historias da Marquesa


O contacontos "Historias da Marquesa" terá lugar o venres 16 de outubro. Para nenos e nenas a partir de 6 anos.

1ª sesión de 17.30 a 18.15 h
2ª sesión de 18.30 a 19.15 h

Con inscrición previa a partir do 7 de outubro ,mércores, no teléfono 886 15 92 49, de 9.00 a 14.00 h.


Máscara obrigatoria e capacidade da sala reducida



luns, 5 de outubro de 2020

Peche da Biblioteca por fumigación




O vindeiro sábado día 10 de outubro de 2020 a Biblioteca Pública de Pontevedra 

permanecerá pechada fumigación das instalacións.  



Relatar na Igualdade



Xoves 15 de outubro de 17.30 a 20.00 h.na Biblioteca Pública de Pontevedra


Neste obradoiro para adultos abordamos a escritura desde a análise e a práctica dos elementos compositivos. Indagaremos nos estímulos e as tendencias persoais e centraremos a temática na igualdade de xénero, tentando transmitir as sensacións e emocións de cada participante.


Con inscrición previa a partir do 6 de outubro, martes, no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.


Uso obrigatorio de máscara e capacidade da sala reducida.



luns, 28 de setembro de 2020

Xogando coa historia




Algunha vez te preguntaches a qué xogaban na Antigüidade?  Ao longo do taller os participantes aprenderan sobre o esparexemento e lecer en época romana: a que xogaban, como xogaban, que apostaban ou quen apostaba. Cada participante fará unha réplica dun muíño redondo romano.


O sábado 3 de outubro de 12.00 a 13.00 h na Biblioteca Pública de Pontevedra, para adultos e mocidade a partir de 14 anos.


Inscrición previa no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.




xoves, 17 de setembro de 2020

Arrancan os clubs de lectura 2020-2021!

 


Club “Voz de muller”: martes alternos desde o 6 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de francés: luns alternos desde o 5 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán: dous grupos en mércores alternos de 17.00 a 18.00 h. O primeiro grupo empeza o día 7 e o segundo o día 14 de outubro.

Club de galego: xoves alternos desde o 1 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

---------------
Prazo de inscricións dende o 21.09.2020 ás 9.00 h. ao 25.09.2019 ás 21.00 h (luns a venres) no mostrador de recepción (planta baixa).

Normas da inscrición:

Acudir de xeito presencial no mostrador de recepción da biblioteca (planta baixa).
Cada persoa só pode apuntar a dúas persoas (contándose a si mesma).
Cada persoa pode apuntarse só a un dos clubs, pero é posible poñerse na listaxe de espera de calquera dos outros


Por mor da situación sanitaria do COVID-19, vémonos obrigados a reducir os grupos a 9 participantes.



martes, 15 de setembro de 2020

Obradoiro de Poesía

 




O vindeiro venres 25 de setembro de 17.00 a 20.00 h. 

contaremos con este obradoiro para mocidade (a partir de 14 anos) e adultos 

impartido por Carmen Conde de Tarabela Creativa, 

na Biblioteca Pública de Pontevedra.


Con inscrición previa a partir do 16 de setembro, mércores, no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.



mércores, 9 de setembro de 2020

Suscripción al boletín de noticias de la biblioteca

 


O servizo de novas da Biblioteca muda a partir do vindeiro mes de outubro, desaparecendo o anterior sistema de correos que enviábamos. Polo que se desexas seguir recibindo ou empezar a recibir información da biblioteca é necesario que te susbcribas ao novo boletín de novas no seguinte formulario. Unha vez cuberto recibirás un mail cunha ligazón de confirmación sobre a que deberás premer para comezar a facer uso do servizo.

A través do boletín de novas recibirás a programación das actividades da biblioteca e outras informacións puntuais (cambios de horarios, novos servizos, peches temporais de servizos...) 

As persoas que recibían esta información no seu correo deixarán de recibila se non se subscriben ao boletín.



 

Obradoiro de fotografía co teléfono móbil




Obradoiro de fotografía co teléfono móbil, impartido por Jorge Valenciano.


Aprende a sacarlle partido á cámara do teu teléfono móbil o xoves 17 de setembro de 17.30 a 20.30 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra.

Con inscrición previa a partir do mércores 10 de setembro no teléfono 886 15 92 49 de 9.00 a 14.00 h.

Prazas limitadas e uso obligatorio de máscara. Público xuvenil e adultos, a partir de 14 anos.


martes, 8 de setembro de 2020

A felicidade entre libros



Obradoiro de risoterapia e libros para familias


Venres 18 de setembro de 18:00 a 19:30 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra. Grupo reducido e máscara obrigatoria.

Actividade para familias: cada nai ou pai pode traer a un ou varios un fillos ou fillas de entre 6 e 12 anos. Prazas limitadas.

Con inscrición previa a partir do 9 de setembro no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.



luns, 7 de setembro de 2020

Novidades de cine

 



Se queres coñecer todas as novidades de cine que chegan á Biblioteca Pública de Pontevedra podes consultalas no seguinte enlace:

Novidades de cine 2020 na biblioteca




martes, 1 de setembro de 2020

Obradoiro de Contacontos para adultos



Se queres aprender a contar contos tes a oportunidade de recibir un curso da man de Bea Campos o vindeiro 11 de setembro de 17.30 a 20.00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra.


Con inscrición previa a partir do 2 de setembro no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9:00 a 14:00 h.


O obradoiro está dirixido a educadores, pais e nais, docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.


Abordaranse a importancia da tradición oral, os álbumes ilustrados e compartiranse cos asistentes diferentes técnicas de expresión oral.


Grupo reducido e máscara obrigatoria.



 

Obradoiro para adultos de Escritura Creativa


Co gallo do Día da Alfabetización, o vindeiro martes día 8 de setembro, na Biblioteca Pública de Pontevedra, teremos un obradoiro de escritura creativa para adultos.

No espazo de actividades da entrada, de 17.30 a 20.00 h. Grupo reducido e uso obrigado de máscara.

Cun carácter práctico, o taller ofrecerá aos participantes, os recursos, as técnicas e os mecanismos necesarios para o desenvolvemento do oficio literario. Temas, fontes, personaxes, construción do drama e punto de vista serán os eixos que vertebren a evolución do traballo.

Con inscrición previa a partir do 1 de setembro, martes, no teléfono 886 159 249 (2ª planta, administración), en horario de 9:00 a 14:00 h.


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...