xoves, 25 de outubro de 2018

Valedoras do saber, vítimas da ignorancia


John Steinbek dixo que "polo grosor do pó nos libros dunha biblioteca pública, pode medirse a cultura dun pobo". Que dicir entón cando son as bibliotecas as convertidas en pó? Sabemos que en tempos recentes, diferentes centros depositarios da cultura humana teñen sido vítimas da barbarie da mesma especie que as creou.

Por exemplo, a Biblioteca de Jaffna, en Sri Lanka, foi queimada en 1981 pola poboación budista en represalia pola demanda de igualdade de dereitos dos seus compatriotas hindús. A Biblioteca Nacional de Irak foi incendiada e saqueada durante a Guerra en 2003, perdéndose un millón de obras, número semellante ao perdido na Biblioteca da Universidade de Mosul cando foi arrasada por completo polo ISIS en 2014.

Pero este non é un fenómeno propio dos nosos tempos, senón que cíclicamente ao longo da nosa historia a ignorancia prevaleceu sobre o saber. No mundo antigo atopamos múltiples exemplos de destrución do saber escrito, como os da biblioteca de Éfeso, na actual Turquía, cos seus 12.000 rolos de papiro ou da de Pérgamo, en Asia Menor, que chegou a contar con 200.000 volumes. Máis famoso é o caso da Biblioteca de Alexandría, en Exipto, unha das sete marabillas do mundo antigo, que puido chegar a acoller ata 700.000 manuscritos e cuxa destrución segue sendo hoxe un misterio.

No Medievo, a barbarie non se detén. Bibliotecas musulmás como a Casa da Sabedoría de Bagdad ou a da fortaleza de Alamut pereceron, ao igual que o saber islámico, a mans dos mongois. Pero as destrucións non se limitan ao Occidente, senón que na actual India, a Universidade budista de Nalanda é destruída polos turcos mamelucos xunto cos seus preto de 9 millóns de documentos, nun golpe do que o budismo na India xamais se recuperará.

Nos albores da Idade Moderna, desaparece un dos últimos faros da cultura antiga, a Biblioteca Imperial de Constantinopla, que tras unha vida de máis de mil anos marcada por múltiples avatares, perece ao igual que Bizancio coa conquista turca de 1453. Os otomanos tamén arrasaron case por completo a Biblioteca Corviniana, unha das mellores bibliotecas do Renacemento, tras a súa invasión de Hungría. Pero tamén a cultura islámica sufríu a cólera da intolerancia relixiosa cando o Cardeal Cisneros, tras a toma de Granada, ordeou a queima da biblioteca da Madraza.

Xa en época contemporánea, as guerras volveron pasar factura aos centros do saber. A Biblioteca Nacional do Perú, unha das máis importantes de América no século XIX, foi empregada como cuartel tanto na Guerra de Independencia polos españois como na do Pacífico polas tropas chilenas, co conseguinte deterioro que servirá de preludio da súa definitiva desparición en 1943. Ao norte, a Biblioteca da Universidade de Alabama, nos Estados Unidos, unha das máis importantes do país, é queimada ata os cimentos polo exército unionista nun dos últimos episodios da cruenta Guerra de Secesión.

Xa no século XX, os sucesos máis dantescos da nosa historia recente, a Gran Guerra e a II Guerra Mundial, causarán de novo a destrución do coñecemento. En Bélxica, a Universiteitsbibliotheek de Lovaina sufrirá os efectos de ambas. As tropas alemás destrúena en 1914 cos seus 300.000 volumes tras case 300 anos de historia. Reconstruída en 1928, voltará perecer na II Guerra Mundial. Nesta mesma loita entre o eixo e os aliados será arrasada a Holland House de Londres durante un interminable bombardeo aereo da cidade a cargo da Luftwaffe.

Desgraciadamente e como xa vimos, non foron estes os últimos exemplos de destrución do saber aos que tivemos que asistir: na madrugada do 26 de agosto de 1992, o Vijecnica de Saraxevo, biblioteca nacional e símbolo da multiculturalidade dos balcáns, foi reducido a cinzas no contexto da Guerra de Bosnia. Estimase que se perderon arredor de dous millóns de exemplares, algúns deles de valor incalculabe e testemuña dunha rica historia de mestizaxe na zona. Como resposta a esta e outras atrocidades cometidas neste conflicto bélico, un músico da Filharmónica de Saraxevo decidiu renderlle homenaxe a 22 veciños da súa cidade que morreron diante del nun bombardeo mentres facían cola nunha panadaría. Nas ruinas do Vijecnica, Vedran Smailovic tocou co seu violonchelo o Adagio de Albinoni durante 22 días, nun berro desesperado para que a comunidade internacional puxera o seu foco no que alí estaba acontecendo. É por iso que cada ano conmemoramos o Día das Bibliotecas. Tal vez nun futuro non haxa necesidade de adicarlle un Día ás Bibliotecas. Tal vez nun futuro o sentido común faga honra ao seu nome.











martes, 23 de outubro de 2018

Visitas escolares


 
A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA iniciará a partir do 8 de novembro e ata o 23 de maio de 2019, o seu programa de “Formación de usuarios e Animación á lectura” aberto a todos os centros escolares de Pontevedra e a súa provincia. 
 
 
 
As visitas diríxense a nenos e nenas dos cursos de 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A súa duración será aproximadamente de 60 minutos, nos que se van a desenvolver actividades de animación adaptadas ás diferentes idades, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca. Realizaranse os xoves dúas visitas en horario de mañá de 10:00 a 11:00 horas a primeira e de 11:15 a 12:15 horas a segunda, en grupos de 25 a 30 alumnos.

É necesaria a concertación previa de visitas, na que se deberá indicar: o curso ao que pertezen e a actividade que se escolle, cun límite de dúas sesións por colexio.

ÁBRESE O PRAZO O DÍA 24 DE OUTUBRO na Biblioteca Pública en horario de 9 a 14 h. no tlf. 886 159 249.

Programas das visitas



luns, 22 de outubro de 2018

Día da Biblioteca na Biblioteca Pública de Pontevedra



Como cada 24 de outubro, este mércores celebramos o Día Internacional da Biblioteca. 

Elixiuse esta data para conmemorar a destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto dos Balcáns. 



Programa de actividades na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola:


Os alumnos de 1º da ESO do IES Torrente Ballester visitan á biblioteca
Data: 24.10.18 ás 12.00 h.



Sesión de contos + obradoiro de debuxo: " A investigadora P e o tesouro de Benito Soto" a cargo de Polo Correo do Vento



Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros
Data: 19.10.18 ás 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


Sesión de contos: “Contos, cantos e festa para celebrar o día da biblioteca , a cargo de Bea Campos (Migallas)
Especial Día da Biblioteca”, 24 de outubro



Sinopse: Contos con música a partir de 3 anos. Divertidas historias de osos, ratos e cabritos para gozar en familia.

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Data: 24.10.18 ás 18.00 h.
Entrada de balde, ata completar aforo


Valedoras do saber, vítimas da ignorancia


Exposición sobre as grandes bibliotecas destruídas ao longo da historia. A Biblioteca como obxectivo bélico.
Datas: 15.10.18-5.11.18
Público destinatario: Todos os públicos
Lugar: Planta baixa




A arboriña da curuxa sabedora. 


Un centro de interese en forma de árbore onde poderás atopar contos de bibliotecas.
Datas: 15.10.18-5.11.18
Público destinatario: Público infantil
Lugar: Sala infantil


A destrución da ignorancia


Mostra bibliográfica de novelas relacionadas coas bibliotecas.
Datas: 15.10.18-5.11.18
Público destinatario: Todos os públicos
Lugar: 2º andar






martes, 9 de outubro de 2018

O sábado 13 pechamos por fumigación.


Conversacións sobre WordPress (e sobre a WordCamp)


Que acción única crees que podería mellorar o SEO da miña web en WordPress?

Como vai afectar o novo editor Gutenberg a WooCommerce?

Cambiou moito o email márketing tras a entrada en vigor do RGPD?

Que crees que funcionou mellor na PonteWordCamp?

Vai haber unha nova edición en 2019?

Estas preguntas, moitas máis, e as que a vós ocórranllevos serán parte desta primeira edición de "Conversacións sobre WordPress" nas que gozaremos de case dúas horas de charla cuns invitados moi especiais. Esta vez acompañaranos o equipo organizador da PonteWordCamp e conversaremos non só sobre WordPress, senón tamén sobre o evento que reuniu case 200 persoas o 22 de setembro en Pontevedra.

Non queremos que as conversacións se volvan unha consultoría privada, polo que non se responderán en profundidade temas moi específicos de proxectos, pero si vos animamos a todos a levar as vosas preguntas e inquietudes, sexa cal for o voso nivel.

Desde o convenme utilizar WordPress antes que outra plataforma? ao Podédesme explicar como conectar Mailchimp coa miña web? pasando por Gutenberg ou os shortcodes.

Tamén aproveitaremos para preguntar desde a organización da meetup que charlas gustaríavos ter/escoitar esta terceira tempada de meetups? Tomaremos nota das vosas peticións de temas ou persoas e tentaremos satisfacer a cuantos máis mellor. Por todo isto, non o perdas! 

Esperámoscte o venres 19 a partir das 18:30 na Biblioteca de Pontevedra, e a partir das 20:45 no noso clásico networking- picoteo do Dobre M, un bar próximo.


WordPress é un sistema de xestión de contido orientado inicialmente á creación de bitácoras, ou blogues/blogs, (sitios web actualizados periodicamente e con orde cronolóxica descendente). Está estruturado en PHP, usa como xestor de base de datos MySQL, baixo licenza GPL, e foi fundado por Matt Mullenweg.

A comunidade local de WordPress Pontevedra é un grupo de persoas da cidade e os seus arredores que se reúne cada mes para aprender e compartir coñecementos de todo tipo e de todos os niveis, axudando e ensinando os uns aos outros sobre WordPress. Xa sexamos bloggers, desarrolladores, deseñadores, estudantes, consultores, donos de negocios, tendas online ou calquera outro perfil, reunímonos para falar sobre WordPress e o que nos pode achegar.

martes, 2 de outubro de 2018

Actividades infantís de outubro


  • 5 de outubro, venres: Sesión de contos: Contos para bebés”, a cargo de Pavís Pavós 


Público destinatario: Bebés (0-3 anos).
Con inscripción e recollida de invitacións:
- As inscricións a partir do 1 de outubro, luns, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50) de 9:00 a 20:30 h.
- As invitacións recolleranse na planta baixa (Información)
20 bebés + 1 adulto por bebé
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde


  • 19 de outubro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: " A investigadora P e o tesouro de Benito Soto" a cargo de Polo Correo do Vento

     
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 26 de outubro, venres: Sesión de contos: “Contos, cantos e festa para celebrar o día da biblioteca , a cargo de Bea Campos (Migallas)
Especial Día da Biblioteca”, 24 de outubro

Sinopse: Contos con música a partir de 3 anos. Divertidas historias de osos, ratos e cabritos para gozar en familia.

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...