xoves, 30 de abril de 2020

Lectura fácil



Pode ser que inda que sexamos lectores e usuarios de bibliotecas o termo Lectura fácil non nos resulte familiar ou non saibamos moi ben a qué se refire exactamente. A continuación imos tratar de explicalo.

Qué é a Lectura fácil?

"A Lectura fácil é un método de redacción de textos e contidos adaptados ás necesidades de todas as persoas, en especial ás que teñen dificultades de comprensión lectora”(Instituto de Lectura Fácil). Os libros, documentos administrativos e legais, textos informativos, páxinas web … seguen as directrices internacionais da IFLA e de Inclusion Europe en canto a linguaxe, contido e forma.

Quén pode beneficiarse da Lectura Fácil?

A Lectura Fácil diríxese a todas as persoas, en especial a aquelas que teñen dificultades lectoras. Cando estamos a falar de persoas con dificultades lectoras debemos  ter en conta que son aproxidamadamente un 30% da poboación. Podemos pensar que neste grupo só se incluen persoas con trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional, trastornos neuropsicolóxicos... pero non é así. Dentro desa porcentaxe atopamos dende inmigrantes que precisan aprender unha lingua nova a persoas con escolarización tardía ou deficiente (como poden ser anciáns que no seu momento non tiveron acceso a educación). Por tanto podemos  dicir que os textos en Lectura fácil poden ser utilizados por todas aquelas persoas, calquera que sexa a súa idade, que atopan dificultades á hora de se enfrontar a un texto, sexa literario ou de calquera outra  clase. 

Qué características ten un texto en Lectura fácil?

Os textos escritos en Lectura fácil teñen que cumprir unha serie de normas. Non se pode confundir o uso dunha linguaxe sinxela e clara cunha linguaxe infantil e coloquial. É moi importante que a información non sexa confusa e estea ben estruturada. Algunhas das pautas máis importantes serían as seguintes:

-Frases curtas
-Evitar frases en negativa
-Marxes amplos e interlineados xenerosos
-Evitar conceptos abstractos
-Presenza de glosarios

-Incluir imaxes ou pictogramas, especialmente os destinados a persoas con   autismo




Os textos en Lectura fácil (sexan libros, documentos , páxinas web ...) levan un logo que os acredita como tales.


logo europeo 


logo da Asociación Española de Lectura fácil



Publicacións en Lectura Fácil

Inda que a publicación de textos en Lectura fácil segue a ser escasa cada vez temos máis materiais ao noso alcance tanto pola temática como polo público ao que se dirixen. Imos ver uns exemplos

-Textos literarios: son os que ocupan a maior parte das publicacións. Dentro deles podemos atopar non só adaptacións de obras existentes senón obras escritas inicialmente en Lectura fácil.








  -Libros de diferentes materias: Destacan especialmente aqueles destinados 
a mellorar a autonomía persoal pero tamén atopamos libros de arte, historia ou cociña.











O dereito de acceso á información é un dereito fundamental das persoas que as bibliotecas debemos garantir. Quen ten dificultades lectoras  é dependente de outra persoa para acceder a aquela información que precisa tanto para o desenvolvemento de actividades da súa vida cotiá como para satisfacer as súas necesidades de lecer. A lectura fácil ofrece autonomía e independencia fomentando a igualdade de oportunidades. O papel das bibliotecas é  fundamental para axudar a inclusión e integración de todas as persoas na comunidade.



#aculturasegue #lecturafácil #igualdade #inclusión

venres, 24 de abril de 2020

luns, 20 de abril de 2020

EXPOSICIÓN VIRTUAL LEMOS O PROHIBIDO





#aculturasegue
Como o coñecemento é poder, practicamente todos os libros importantes da historia foron prohibidos, censurados ou queimados. Queres saber máis? Accede á exposición virtual: bit.ly/2yq3FlN


venres, 3 de abril de 2020

Lemos Xuntos?📚


Comparte un momento de lectura en tempos de corentena, un libro pode facer que che pareza máis curta
Elixe un libro 📖, o teu lugar favorito da casa 🏠 e le 👀…. E se o desexas... podes compartir o teu momento connosco, coa túa biblioteca, coa Biblioteca Pública de Pontevedra.
Envíanos unha foto e cando volvas á biblioteca atoparás un gran póster no que reuniremos todos eses momentos compartidos de lectura 📸🖼
Podes enviarnos as túas fotos a través de:
- Correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal
- Instagram: https://www.instagram.com/bppontevedra/
- Facebook: https://www.facebook.com/biblio.publica.pontevedra
- Twitter: https://twitter.com/BPPontevedra


Recuncho de lectura para pequenos



Recuncho de lectura para pequenos



A todos os amantes da lectura nos gusta ter un sitio especial para ler, e a os mais pequechos da casa, tamén. Por iso hoxe ímosvos a propor crear un espazo especial para os máis cativos, só empregando o que teñamos por casa.

O primeiro será explicarlle aos nenos o que imos facer e o que pode significar para eles ter un sitio especial para gardar os seus contos e para ler. Este espazo pode ter uns grandes beneficios para os nosos cativos: crear un espazo de seu, darlle unha maior entidad o feito de ler, e  pasar un rato agradable deseñando e decorando o recuncho facendo que sexan eles os que se sintan donos do espazo dende un principio volcando nel toda a súa imaxinación.

Ahí van algunhas ideas:

Seleccionar un ou varios andeis dunha librería onde teñamos os nosos propios libros ou crear un espazo aparte unicamente para eles. Se optamos por compartir o noso espazo con eles   temos que delimitar o seu dalgún xeito, unha forma de o facer sería esta






Se creamos un espazo aparte, en primeiro lugar teremos que decidir o sitio ideal. O seu cuarto pode ser cómodo para ler cada noite, no salón ou noutra zona común dámoslle máis importancia e visibilidade á lectura, se optamos por un cuarto de xogos verán os libros como algo divertido.A decisión é vosa

Unha vez decidido o lugar onde vai a estar é o momento de dar unha volta por a casa e buscar cousas que nos poidan servir para crear o recuncho de lectura. Podemos empregar dende algún moble ata unha caixa ou unha cesta.Pero tamén podemos buscar coxíns, alfombras, sillas ou pequenas butacas... todo está permitido.



E, por suposto, temos que buscar algo para decorar. O máis sinxelo é facer letras en papel en forma de bandeirola pero tamén podemos usar letras de cartón reciclado, en relevo ou calquera tipo de material que teñamos por casa.

Na decoración podemos elexir por usar somentes unha verba coma Ler, Leer ou Read, ou frases máis longas como: Érase unha vez, Ler dache soños, o recuncho dos soños, Mil vidas nun conto ... 



Outro tema é a rotación de contos. É interesante colocar poucos libros e ir rotándoos como se pode facer  cos xoguetes para que os aproveiten todos é, de cando en vez, atopen algo novo.

Todo isto servirá para ter un recuncho de lectura moito máis bonito e ordenado.





Agardamos que con esta idea vos animedes a crear o voso propio recuncho de lectura infantil e se vos apetece o compartades connnosco a través das redes sociais ou enviando un correo  electrónico o noso enderezo  biblio.publica.pontevedra@xunta.gal e nos o publicaremos. E xa sabedes, a seguir na casa.

#quedanacasa #aculturasegue #recunchodelectura #librosinfantísexuvenís 





xoves, 2 de abril de 2020

Pintamos un conto?

Pintamos un conto?

Para celebrar o 2 de abril, Día do Libro Infantil, desde a Biblioteca Pública de Pontevedra queremos propoñer aos máis pequenos da casa que nos debuxedes unha personaxe do voso conto favorito e nola enviedes durante todo o mes de abril ao noso correo electrónico:

Poñede os seguintes datos:
- Título do conto
- Personaxe elixida
- Nome, apelidos e idade

Con todos os debuxos que enviedes faremos unha exposición para celebrar convosco a apertura da biblioteca tras este parón forzoso.

Esperamos os vosos debuxos!

Moito ánimo para todos e feliz Día do Libro Infantil!

[Ilustra este texto o debuxo gañador do Premio Gálix 2016, autora: Noa Fernández Curra]

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...