Recuncho de lectura para pequenos
A todos os amantes da lectura nos gusta ter un sitio especial para ler, e a os mais pequechos da casa, tamén. Por iso hoxe ímosvos a propor crear un espazo especial para os máis cativos, só empregando o que teñamos por casa.
O primeiro será explicarlle aos nenos o que imos facer e o que pode significar para eles ter un sitio especial para gardar os seus contos e para ler. Este espazo pode ter uns grandes beneficios para os nosos cativos: crear un espazo de seu, darlle unha maior entidad o feito de ler, e pasar un rato agradable deseñando e decorando o recuncho facendo que sexan eles os que se sintan donos do espazo dende un principio volcando nel toda a súa imaxinación.
Ahí van algunhas ideas:
Seleccionar un ou varios andeis dunha librería onde teñamos os nosos propios libros ou crear un espazo aparte unicamente para eles. Se optamos por compartir o noso espazo con eles temos que delimitar o seu dalgún xeito, unha forma de o facer sería esta
Se creamos un espazo aparte, en primeiro lugar teremos que decidir o sitio ideal. O seu cuarto pode ser cómodo para ler cada noite, no salón ou noutra zona común dámoslle máis importancia e visibilidade á lectura, se optamos por un cuarto de xogos verán os libros como algo divertido.A decisión é vosa
Unha vez decidido o lugar onde vai a estar é o momento de dar unha volta por a casa e buscar cousas que nos poidan servir para crear o recuncho de lectura. Podemos empregar dende algún moble ata unha caixa ou unha cesta.Pero tamén podemos buscar coxíns, alfombras, sillas ou pequenas butacas... todo está permitido.
E, por suposto, temos que buscar algo para decorar. O máis sinxelo é facer letras en papel en forma de bandeirola pero tamén podemos usar letras de cartón reciclado, en relevo ou calquera tipo de material que teñamos por casa.
Na decoración podemos elexir por usar somentes unha verba coma Ler, Leer ou Read, ou frases máis longas como: Érase unha vez, Ler dache soños, o recuncho dos soños, Mil vidas nun conto ...
Outro tema é a rotación de contos. É interesante colocar poucos libros e ir rotándoos como se pode facer cos xoguetes para que os aproveiten todos é, de cando en vez, atopen algo novo.
Todo isto servirá para ter un recuncho de lectura moito máis bonito e ordenado.
Agardamos que con esta idea vos animedes a crear o voso propio recuncho de lectura infantil e se vos apetece o compartades connnosco a través das redes sociais ou enviando un correo electrónico o noso enderezo biblio.publica.pontevedra@xunta.gal e nos o publicaremos. E xa sabedes, a seguir na casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario