Amosando publicacións coa etiqueta castellano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta castellano. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de setembro de 2015

CLUBS DE LECTURA 2015-2016




Como todos os anos, a Biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro de 2015 e rematarán no mes de xuño do 2016.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

Se non e usuario terá que solicitar o carné.

- CLUB DE LECTURA EN GALEGO: MARTES alternos, de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas), a partir do 6 de outubro. Coordinadora: Patricia Saavedra.
- CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS: LUNS alternos, de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas) a partir do 5 de outubro. Coordinadora: Marta Isabela Mora Bogado.
- CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: MARTES alternos, de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas) a partir do 6 de outubro. Coordinador: Víctor Machín.
- CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os MÉRCORES, de 17:00 a 18:00 h. (20 prazas), a partir do 7 de outubro. Coordinador: Santiago Eizaguirre.

RESERVAS: 10 por cada club.

PRAZO DE INSCRICIÓN:  Do 14 de setembro  ao 25 de setembro (salvo que queden prazas sen cubrir).

FORMAS DE INSCRICION:

  • Na Biblioteca de 9:00 h. a 21:00 h.  
  • Por teléfono de 9:00 h. a 14:00 h. 
  • Por correo electrónico no seguinte enderezo:

biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono de contacto e nº de lector se xa é usuario da biblioteca.

A Biblioteca confirmaralle a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se avisaría por teléfono ou correo eléctrónico).

A inscrición é gratuíta.

*O criterio para a selección de asistentes nos Clubs de Lectura será por orde de chegada (día/hora).

*Só se aceptarán as solicitudes entregadas a partir da data de apertura do prazo. Non se admitirá ningunha solicitude enviada antes das 9:00 h. do día 14 de setembro, data de inicio das inscricións.

*Pódese inscribir cada usuario nun só club de lectura a excepción de que queden prazas sen cubrir. 

martes, 18 de febreiro de 2014

Nova etapa dos clubs de lectura (Marzo - Xuño de 2014)

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha unha nova etapa dos clubs de lectura (Marzo - Xuño de 2014)

 Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, GALEGO, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

- Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h)   Coordinadora: Patricia Saavedra. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.

 - Club de lectura en Portugués  (luns alternos de 18:00 a 19:00 h)   Coordinadora: Marta Isabela Bogado. Datas: 10 e 24 de marzo; 7 e 21 de abril; 5 e 19 de maio; 2 e 16 de xuño.    
      
- Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.)    Coordinador: Victor Machín. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.

 - Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h)    Coordinador: Santiago Eizaguirre. Datas: Todos os mércores dende o 12 de marzo ao 25 de xuño.

                       
INSCRICIÓNS A PARTIR DO 20 DE FEBREIRO 

- En horario de 9 a 14 h. directamente na biblioteca (4ª planta)
- No telefono 986 85 08 38 en horario de 9 a 14 h.
- Enviando un correo electrónico  a biblio.publica.pontevedra@xunta.es  e poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse.

No correo incluír tamén os seguintes datos:

-Nome e apelidos,
-telefono de contacto e
-nº de lector se xa es usuario/a da biblioteca. Se non é usuario terá  que solicitar o carné.


martes, 22 de outubro de 2013

Nova lectura para o club de lectura de portugués

O Código d'Avintes de Vieira Alice outros

Tudo começa em torno da trama sinistra do Conclave dos Cavaleiros Teutónicos da Nova Ordem que quer dominar o mundo sem olhar a meios. Por seu lado, Isaías Pires, professor de medicina expulso da Ordem por práticas pouco ortodoxas, pertencente a uma outra organizaçÃo que se opõe aos intuitos pérfidos do Conclave, sofre um trauma e desata a falar aramaico, língua corrente no tempo de Cristo na Palestina e logo a seguir começam a morrer patos e pombos por todos os cantos. De repente, todos os personagens, o anjo Gabriel e a sua Sara, Lilith, delirante diva, a Arminda do bar do hospital, o doutor Fraga, a padeira de Avintes, o ex-inspector Nuno Costa, o professor Aquilino, especialista em línguas mortas, e outros mais, bons e maus, desatam a procurar antiquíssimas relíquias sagradas que podem conferir um poder indescritível àqueles que as possuírem. O cúmulo é que a chave do código para chegar a essas relíquias está escondido justamente numa bela terra à beira do Douro e, por isso mesmo, ficará para sempre conhecido por O Código D'Avinte

Nova lectura no club de lectura en castelán


El elefante de Slawomir Mrozek

La eficacia satírica de Mrozek, que lo ha convertido en una figura venerada en su Polonia natal (así como en muchos otros países en los que su obra ha sido traducida), es de tal magnitud que ha sido considerado, incluso a su pesar, referencia ineludible. Con un humor punzante, cercano a veces al jocoso disparate, siempre finísimo y a veces definitivamente poético, mantiene en el lector, viva y sin grandilocuencia, una sonrisa que estalla a menudo en franca carcajada, en la que siempre palpita la fuerza vital de la libertad.

Nova lectura para o club de lectura en galego


Ten o seu punto a fresca rosa de María Xosé Queizán (Autor/a)

En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Novela divertida e desconcertante está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres: Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola complaciencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.

martes, 10 de setembro de 2013

Clubs de Lectura. Octubre 2013-Febrero 2014




INSCRIPCIÓNS NOS CLUBS DE LECTURA A PARTIR DO 9 ATA O 27 DE SETEMBRO

- En horario de 9 a 14 h. directamente na biblioteca (3ª planta).
- No telefono 986 85 08 38 en horario de 9 a 14 h.
- Enviando un correo electrónico a biblio.publica.pontevedra@xunta.es poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, telefono de
 contacto e nº de lector se xa es usuario/a da biblioteca. Se non é usuario terá  que facer o carné.
- Prazas limitadas.

Club de lectura de Portugués (inscricións  do 9 ao 27 se setembro)

Sesións: luns de 18:00 a 19:00 h  os días 7 e 21 de outubro; 4 e 18 de novembro; 2 e 16 de decembro; 13 e 27 de xaneiro; 3 e 17 de febreiro.

Comezamos coa lectura de:



Xermano Almeida. Testamento do Sr. Napomuceno

Club de lectura de Galego  (inscricións do 9 ao 27 se setembro)

Sesións: luns de 19:00 a 20:00 h  os días 7 e 21 de outubro; 4 e 18 de novembro; 2 e 16 de decembro; 13 e 27 de xaneiro; 3 e 17 de febreiro.

Comezamos coa lectura de:


Paul Auster. Brooklin Follies

Club de Lectura de Castelán (inscricións  do 9 ao 27 se setembro)
Sesións: os mércores de outubro a febreiro de 17:00 a 18:00 h.

Comezamos coa lectura de:

Mateo Díez, Luís: La fuente de la edad

Club de Lectura de Inglés (incripcións  do 9 ao 27 se setembro )
Sesións: os martes de outubro a febreiro de19:45 a 20:45 os días 8 e  22 de outubro;  5 e 19 de novembro; 3 e 17 de decembro; 14 e  28 de xaneiro; 11 e 25 de febreiro.

 Comezamos coa lectura de:



Austen, Jane. Pride and Prejudice (ebook)

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...