luns, 28 de setembro de 2020

Xogando coa historia




Algunha vez te preguntaches a qué xogaban na Antigüidade?  Ao longo do taller os participantes aprenderan sobre o esparexemento e lecer en época romana: a que xogaban, como xogaban, que apostaban ou quen apostaba. Cada participante fará unha réplica dun muíño redondo romano.


O sábado 3 de outubro de 12.00 a 13.00 h na Biblioteca Pública de Pontevedra, para adultos e mocidade a partir de 14 anos.


Inscrición previa no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.




xoves, 17 de setembro de 2020

Arrancan os clubs de lectura 2020-2021!

 


Club “Voz de muller”: martes alternos desde o 6 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de francés: luns alternos desde o 5 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán: dous grupos en mércores alternos de 17.00 a 18.00 h. O primeiro grupo empeza o día 7 e o segundo o día 14 de outubro.

Club de galego: xoves alternos desde o 1 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

---------------
Prazo de inscricións dende o 21.09.2020 ás 9.00 h. ao 25.09.2019 ás 21.00 h (luns a venres) no mostrador de recepción (planta baixa).

Normas da inscrición:

Acudir de xeito presencial no mostrador de recepción da biblioteca (planta baixa).
Cada persoa só pode apuntar a dúas persoas (contándose a si mesma).
Cada persoa pode apuntarse só a un dos clubs, pero é posible poñerse na listaxe de espera de calquera dos outros


Por mor da situación sanitaria do COVID-19, vémonos obrigados a reducir os grupos a 9 participantes.



martes, 15 de setembro de 2020

Obradoiro de Poesía

 




O vindeiro venres 25 de setembro de 17.00 a 20.00 h. 

contaremos con este obradoiro para mocidade (a partir de 14 anos) e adultos 

impartido por Carmen Conde de Tarabela Creativa, 

na Biblioteca Pública de Pontevedra.


Con inscrición previa a partir do 16 de setembro, mércores, no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.



mércores, 9 de setembro de 2020

Suscripción al boletín de noticias de la biblioteca

 


O servizo de novas da Biblioteca muda a partir do vindeiro mes de outubro, desaparecendo o anterior sistema de correos que enviábamos. Polo que se desexas seguir recibindo ou empezar a recibir información da biblioteca é necesario que te susbcribas ao novo boletín de novas no seguinte formulario. Unha vez cuberto recibirás un mail cunha ligazón de confirmación sobre a que deberás premer para comezar a facer uso do servizo.

A través do boletín de novas recibirás a programación das actividades da biblioteca e outras informacións puntuais (cambios de horarios, novos servizos, peches temporais de servizos...) 

As persoas que recibían esta información no seu correo deixarán de recibila se non se subscriben ao boletín.



 

Obradoiro de fotografía co teléfono móbil




Obradoiro de fotografía co teléfono móbil, impartido por Jorge Valenciano.


Aprende a sacarlle partido á cámara do teu teléfono móbil o xoves 17 de setembro de 17.30 a 20.30 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra.

Con inscrición previa a partir do mércores 10 de setembro no teléfono 886 15 92 49 de 9.00 a 14.00 h.

Prazas limitadas e uso obligatorio de máscara. Público xuvenil e adultos, a partir de 14 anos.


martes, 8 de setembro de 2020

A felicidade entre libros



Obradoiro de risoterapia e libros para familias


Venres 18 de setembro de 18:00 a 19:30 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra. Grupo reducido e máscara obrigatoria.

Actividade para familias: cada nai ou pai pode traer a un ou varios un fillos ou fillas de entre 6 e 12 anos. Prazas limitadas.

Con inscrición previa a partir do 9 de setembro no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9.00 a 14.00 h.



luns, 7 de setembro de 2020

Novidades de cine

 



Se queres coñecer todas as novidades de cine que chegan á Biblioteca Pública de Pontevedra podes consultalas no seguinte enlace:

Novidades de cine 2020 na biblioteca




martes, 1 de setembro de 2020

Obradoiro de Contacontos para adultos



Se queres aprender a contar contos tes a oportunidade de recibir un curso da man de Bea Campos o vindeiro 11 de setembro de 17.30 a 20.00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra.


Con inscrición previa a partir do 2 de setembro no teléfono 886 15 92 49, en horario de 9:00 a 14:00 h.


O obradoiro está dirixido a educadores, pais e nais, docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.


Abordaranse a importancia da tradición oral, os álbumes ilustrados e compartiranse cos asistentes diferentes técnicas de expresión oral.


Grupo reducido e máscara obrigatoria.



 

Obradoiro para adultos de Escritura Creativa


Co gallo do Día da Alfabetización, o vindeiro martes día 8 de setembro, na Biblioteca Pública de Pontevedra, teremos un obradoiro de escritura creativa para adultos.

No espazo de actividades da entrada, de 17.30 a 20.00 h. Grupo reducido e uso obrigado de máscara.

Cun carácter práctico, o taller ofrecerá aos participantes, os recursos, as técnicas e os mecanismos necesarios para o desenvolvemento do oficio literario. Temas, fontes, personaxes, construción do drama e punto de vista serán os eixos que vertebren a evolución do traballo.

Con inscrición previa a partir do 1 de setembro, martes, no teléfono 886 159 249 (2ª planta, administración), en horario de 9:00 a 14:00 h.


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...