venres, 29 de abril de 2016

Maio, mes das letras galegas na Biblioteca Pública de Pontevedra



Contos do Cuco
5 de maio, 18:00 h

Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante.
Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.


Entrada de balde ata completar aforo
Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra

Gran Xogo das Letras Galegas 2016

13 de Maio, 18:00 h
Xogo por equipos

A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do día das letras galegas, e os autores homenaxeados ata o memento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María.


25 prazas con inscrición previa, a partir do luns 2 de maio,  na planta baixa da biblioteca (Información) ou por teléfono (886 159 250)  de 9:00 a 20:30 h.
Especial Día das Letras Galegas
Actividade para nen@s a partir de 6 anos.
Horario da actividade das 18:00 a 19:30h
Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra

O poeta do Miño
20 de Maio, 18:00
Sesión de contos con obradoiro de debuxo en conmemoración do Día das Letras Galegas a cargo de Polo Correo do Vento



Especial Día das Letras Galegas. 
Nen@s a partir de 3 anos.
Entrada de balde ata completar aforo
Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra

A cara oculta dos versos
24 de Maio - 7 de Xuño. 09:00 a 21:00 h.

Exposición de Isabel Pintado ao redor de obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra e Lupe Gómez, entre outros.
A cara oculta dos versos é un proxecto expositivo, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, no que a artista Isabel Pintado mostra a súa creatividade sobre 21 libros de poesía de diversos autores e autoras, intervidos como unha homenaxe aos poetas que foron protagonistas das súas lecturas.
Obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra, Yolanda Castaño, Manuel Antonio e Lupe Gómez son algúns dos autores e autoras que están presentes na mostra.



Especial Día das Letrs Galegas
Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Contos nas orellas
27 de Mayo, 18:00, 
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Sesión de narración oral.  Contacontos a cargo de Bea Campos da compañía Migallas.


Nen@s a partir de 3 anos.
Entrada de balde ata completar aforo
Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra


xoves, 14 de abril de 2016

Abril, mes do libro

Venres 9 de abril as 18:00  na Caseta da Biblioteca na Feira do Libro de Pontevedra (Praza da Ferrería) Polo Correo do Vento coas súas historias e beduxos. 

 Público familiar







“Cocorico en movemento”.  XVII Salón do Libro: “Canta bichería” 
Salón de exposicions da Biblioteca Pública de Pontevedra, do 31 de marzo ao 23 de abril


Na exposición “Cocorico en movemento” o pitiño do conto, con Mamá Galiña e Gato Pelado decidiron dar o salto á gran pantalla. Na Biblioteca poderedes ver os capítulos da serie e os personaxes, escenarios, atrezzo e moitas máis cousas coas que o equipo de OQO filmes creou esta producción de animación en stop-motion.  Animádevos a visitar a expo!
Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facerbiscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, una vez pasado o perigo, esquece o trato e come o biscoito enteiro.  Adaptación libre dun conto tradicional birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir, a cumprir as promesas e a escoitar os consellos.

Venres 15 de abril, as 18:00 "Dulcinea ten moito que contar" con Raquel Queizás.


Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante.


"O que le moito e anda moito , ve moito e sabe moito" Miguel de Cervantes.
Onde se conta o que sucedeu o día que Dulcinea do Toboso escapou do libro 'Don Quixote da Mancha'. Aventuras e desventuras desta muller metade pailana,


metade dama. Cansa de que todos falen e opinen sobre ela decide contarnos a súa versión dos feitos. Como se coñeceron de pequenos ela e DonQuixote. O seu grande amor polos libros. A máis fantástica aventura imaxinada dos muiños de vento. Como foi o seu encantamento e moito máis...

Espectáculo de narración oral con grandes dosis de dramatización para coñocer dunha maneira instructiva, divertida e  amena unha das  historias de amor máis fantasiosa de tódolos tempos.

Os contos empréganse para entreter o tempo, espantar os medos e para alimentar o espíritu, xa o dicía Cervantes.

Entrada de balde ata completar aforo.

Venres 22 de abril as 18:00 Terra dos Sentimentos. Obradoiro de animación á lectura


Por un lado os sentimentos fríos relacionados cos medos, e por outro os sentimentos quentes relacionados cas realacións. Trátase dunha actividade de animación á lectura, onde eles participan e se lles achegan e contan libros relacionados cos diferenes sentimentos (medos, relacións cos compañeiros, familia) axudarémoslle a descubrir onde e cómo se agochan eses sentimentos dentro dos contos.

Para nen@s de 6 a 12 anos
O número de participantes limitarase cun máximo de 20 persoas con inscripción previa, a partir do luns 11 de abril. Na planta baixa da biblioteca (en información), de 9:00 a 21:00 h. e por Telf.: 986 850 838.

Duración da actividade: 120 minutos

Venres 29 de abril as 18:00. Este queixo queixolán. Contos para bebés

Contos para bebés de 0 a 3 anos (20 prazas), con inscrición previa e recollida de invitacións a partir do 18 de abril, luns, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 986 850 838 de 9:00 a 20:30 h.


As invitacións recolleranse en información.
20 bebés, acompañados de dous adultos cada un.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...