“Cocorico en movemento”. XVII Salón do Libro: “Canta bichería”
Salón de exposicions da Biblioteca Pública
de Pontevedra, do 31 de marzo ao 23 de abril
Na exposición “Cocorico en movemento” o pitiño do conto, con Mamá Galiña e Gato Pelado decidiron dar o salto á gran pantalla. Na Biblioteca poderedes ver os capítulos da serie e os personaxes, escenarios, atrezzo e moitas máis cousas coas que o equipo de OQO filmes creou esta producción de animación en stop-motion. Animádevos a visitar a expo!
Cocorico é un pitiño que vive
feliz coa súa nai. Un día que
Mamá Galiña vai facerbiscoito, o pitiño ofrécese a
ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece
un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico
salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da
merenda. Mais, una vez pasado o perigo, esquece o trato e come
o biscoito enteiro. Adaptación libre dun conto tradicional
birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir,
a cumprir as promesas e a escoitar os consellos.
Venres 15
de abril, as 18:00 "Dulcinea ten moito que contar" con Raquel Queizás.
"O que le moito e anda moito , ve moito e sabe moito" Miguel de
Cervantes.
Onde se conta o que sucedeu o día que Dulcinea do Toboso escapou do libro 'Don Quixote da Mancha'. Aventuras e desventuras desta muller metade pailana,
metade dama. Cansa de que todos falen e opinen sobre ela decide contarnos a súa versión dos feitos. Como se coñeceron de pequenos ela e DonQuixote. O seu grande amor polos libros. A máis fantástica aventura imaxinada dos muiños de vento. Como foi o seu encantamento e moito máis...
Espectáculo de narración oral con grandes dosis de dramatización para coñocer dunha maneira instructiva, divertida e amena unha das historias de amor máis fantasiosa de tódolos tempos.
Os contos empréganse para entreter o tempo, espantar os medos e para
alimentar o espíritu, xa o dicía Cervantes.
Entrada de balde ata completar aforo.
Por un lado os sentimentos fríos relacionados cos medos, e por outro os sentimentos quentes relacionados cas realacións. Trátase dunha actividade de animación á lectura, onde eles participan e se lles achegan e contan libros relacionados cos diferenes sentimentos (medos, relacións cos compañeiros,
familia) axudarémoslle a descubrir onde e cómo se agochan eses sentimentos dentro dos contos.
O número de participantes limitarase cun máximo de 20 persoas con inscripción previa, a partir do luns 11 de abril. Na planta baixa da biblioteca (en información), de 9:00 a 21:00 h. e por Telf.: 986 850 838.
Duración da actividade: 120 minutos
Venres 29 de abril as 18:00. Este queixo queixolán. Contos para bebés
Contos para
bebés de 0 a 3 anos (20 prazas), con inscrición previa e recollida de
invitacións a partir do 18 de abril, luns, na biblioteca, na planta baixa
(información) ou por teléfono 986 850 838 de 9:00 a 20:30 h.
As
invitacións recolleranse en información.
20 bebés, acompañados de dous adultos cada un.
20 bebés, acompañados de dous adultos cada un.
Ningún comentario:
Publicar un comentario