luns, 30 de marzo de 2020

Un anaco de pastel


O cine non é un anaco de vida senón un anaco de pastel”(Alfred Hitchcock). Pode que os pasteis non sexan o máis saudable, nen os debamos comer a cotío pero quén se pode resistir de cando en vez a un bo pedazo de torta?. No cine ocorre o mesmo. Hai películas que non van pasar á historia  como obras mestras, non son as mellores dos seus directores nin dos seus actores, nin van elevar o noso nivel cultural, pero son ese tipo de películas que nos provocan unha sensación tan pracenteira como tomar o noso doce favorito. Ahí vai unha selección de cinco filmes para sorrir, rir as gargalladas, emocionarse, e ver acompañadas, como non, dun pastel.


Café irlandés : Barrio obreiro dunha cidade irlandesa dos anos 80. A familia Curley ten que facer frente a unha nova inesperada … a filla maior está embarazada, pero nin sequera ten noivo. Quén será o pai?. Sinxela, descarada, entrañable e tremendamente divertida.




Frankie & Johnny: Un restaurante grego un ex-presidiario convertido en cociñeiro, unha camareira triste e desencantada. Persoas correntes que dan vida a unha doce historia de amor. Chea de tenrura e romanticismo, quen non a elexiría para unha tarde de sofá?




Airbag: Un grupo de amigos organiza unha despedida de solteiro que traerá insospeitadas consecuencias ...Narcos galegos e portugueses, Gardas civís, clubes de alterne e os mais dispares personaxes poblan esta comedia gamberra, desmadrada e políticamente incorrecta na que rirás de principio a fin.






Quiero ser como Beckham: Jess e Jules habitan na mesma cidade inda que en mundos moi distintos pero ambas teñen algo en común : a súa paixón por o fútbol. Bonita historia de superación e amizade que a pesares de tratar temas como o racismo e a homofobia o fai con un tono de humor e desprendendo alegría.





Días de radio: Toda unha homenaxe a época dorada da radio.Da man dunha marabillosa banda sonora coñeceremos as pequenas historias dunha peculiar e humilde familia xudía de Nova York. Poética, melancólica, evocadora, fai da nostalxia todo un arte.




mércores, 25 de marzo de 2020

Libros xogo

Cantas veces oímos que un rapaz ou unha rapaza son tan inquedos que non conseguen atender a un conto?.Para eles o teu bibliotecario ou bibliotecaria e os teu libreiro ou libreira poden facerche recomendacións que sempre funcionan. Pero ademais podes optar por buscar libros que sexan tamén un xogo.

A continuación, mostrámosche algúns exemplos agrupados por idades.


1. Ata 5 anos

 -Libros musicais e de sons



 -Libros con marionetas



 -Libros con imáns



 -Libros para ler a escuras



 -Libros de actividades: libros de adhesivos, actividades, mariquitas para vestir, plantillas   para deseñar




2. De 6 a 8 anos

 -Libros musicais e de sons



 -Libros para aprender lectoescritura e mates



 -Libros para adquirir habilidades



 -Libros para contar : inusuais e moito!



-Libros con maquetas




3. Máis de 9 anos

 -Libros de buscar



 -Libros con gafas 3D ou linternas



 -Libros para xogar




 -Libros de actividades: libros de pegatinas, plantillas para facer figuras xeométricas, pintar con números ...



Agardamos que saquedes ideas para ler e regalar aos máis cativos. Pero sobre todo, gustaríanos que os disfrutarades moito.

luns, 9 de marzo de 2020

Un poema na túa voz




 
 
 
Un poema na túa voz 
 
Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz» para incentivar a lectura de poesía entre o alumnado de Educación Primaria e 1º ciclo de Educación Secundaria, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Os traballos poderán presentarse a través das bibliotecas públicas, das bibliotecas escolares ou de librarías.

Nas seguintes ligazóns podedes consultar as bases da convocatoria, así como os modelos de ficha de datos e de autorización de menores.
 
 
 









mércores, 4 de marzo de 2020

Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2020



Do 5 de marzo ata o 14 de maio.


Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2020”?
É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Que teño que facer?
Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.

Canto dura a actividade?
Dende o 5 de marzo ata o 14 de maio poderánse levar os libros en préstamo.

Que fago cando complete o "Pasaporte"?
Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 15 de maio ás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. Non será necesario estar presente para recibir o premio, a Biblioteca contactará cos usuarios gañadores.
Cantos pasaportes podo completar?
Non hai número limitado de pasaportes, pódense ler cantos libros se queiran.
Ler ten premio?
Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...